Pachi Vázquez: "O PSdeG seguirá a traballar para saír da crise sen ter que renunciar aos dereitos cívicos"

Pachi Vázquez: "O PSdeG seguirá a traballar para saír da crise sen ter que renunciar aos dereitos cívicos"

Pachi Vázquez: "O PSdeG seguirá a traballar para saír da crise sen ter que renunciar aos dereitos cívicos"

O secretario Xeral do PSdeG-PSOE, Pachi Vázquez, compareceu ante os medios de comunicación tras coñecer os resultados electorais. As súas primeiras verbas foron para agradecer “a todos os galegos e galegas o seu comportamento exemplar e modélico nesta xornada electoral” e para felicitar ao PP “polo seu triunfo”, e que lle outorga ademais unha “amplísima responsabilidade de Goberno nun momento tremendamente difícil”.

O dirixente socialista agradeceu tamén “aos centos de miles de galegos que seguiron apoiando e confiando no PSOE nun momento tremendamente difícil”. E envioulles unha mensaxe “vamos a seguir traballando para defender a saída desta crise sen ter quer renunciar aos dereitos cívicos e sociais e por manter uns servicios públicos de calidade”.

Vázquez tamén deu as gracias “aos miles de homes e mulleres, militantes e simpatizantes, que traballaron ao longo desta campaña electoral”, e singularmente “aos candidatos e candidatas das catro provincias”, que “fixeron unha gran campaña con gran participación social”. "Unha aperta e todo o noso cariño, estamos todos con eles", dixo.

“A todos os nosos votantes dicirlles que mañá mesmo, a primeira hora, o PSdeG ponse a traballar para contribuír a que Galicia siga loitando por superar esta crise, para que poidamos superala logrando aquelo no que cremos: os dereitos sociais, os servicios públicos e a creación de emprego, e para non defraudar aos miles de galegos que confiaron no Partido Socialista”, sinalou.

Por ultimo advertiu que “esta crise cárgase a Gobernos, e en Galicia, será o presidente da Xunta o que teña que dar conta da súa xestión nos vindeiros comicios”, resumiu.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar