Pachi Vázquez: "O PP mide o seu modelo de cidade en metros de formigón"

Pachi Vázquez: "O PP mide o seu modelo de cidade en metros de formigón"

Pachi Vázquez: "O PP mide o seu modelo de cidade en metros de formigón"

O secretario xeral do PSdeG-PSOE, Pachi Vázquez criticou a nefasta campaña do PP. “Dende o PSdeG-PSOE falamos da construción de novos centros de Día, de novas bibliotecas, de novos centros de saúde e mentres o PP mide o seu modelo de cidade en metros de formigón”. E proseguiu “nosoutros pensamos en cidades para vivir”.

Pachi Vázquez fixo estas declaracións en Santiago de Compostela, na sala Capitol, donde agrupación socialista compostelá celebrou un acto electoral acompañado do Vicesecretario Xeral do PSOE e Ministro de Fomento Jose Blanco.

Vázquez loubou a xestión do Alcalde de Santiago, Xose Sánchez Bugallo, e subliñou que o seu traballo “ é un exemplo de bon Goberno municipal para toda Galicia e para tódolos galegos”. E engadiu “ e as enquisas sinalan que Bugallo vai revalidar este Goberno”.

Tamén tivo palabras de recoñecemento para o Ministro Jose Blanco, e asegurou que foi a persoa que mais impulsou as infraestructuras na Historia de Galicia.

Vázquez aludiu a campaña impulsada polo PP para Alcaldías de Galicia e afirmou que “están facendo unha campaña para ocultar aos seus propios candidatos”. E sobre o caso concreto do candidato popular para a Alcaldía de Santiago dixo “a verdade é que vendo como é o candidato non me estraña que o queiran esconder”, ironizou.

O líder socialista fixo un repaso pola política de recortes do Goberno de Feijoo. Denunciou que aprobou un catalogo de fármacos que xa suspendeu o Tribunal Constitucional, e que recorta os dereitos aos cidadáns.

Repaso por Educación, Traballo e Medio Ambiente

Sobre a política educativa dixo que non ve ao Conselleiro de Educación recorrendo Galicia anunciando os recortes nas becas, a privatización dos comedores escolares ou explicando os recortes na gratuidade dos libros de texto. No que se refire a Consellería de Traballo preguntoulle porque non se atreve a explicar aos traballadores porque o paro sube en Galicia tres veces mais que no resto do Estado. E tamén lle enviou unha mensaxe a Conselleira do Mar e díxolle si pensa revocar a Orde para devolver o seguro aos traballadores/as do mar de Galicia.

E ao Conselleiro de Medio Ambiente replicoulle si pensa explicar por toda Galicia que vai subir o prezo da auga nun 140%, a partir do 23 de maio.

Jose Blanco pide comparar modelos de xestión e benestar

Pola súa banda o Ministro de Fomento e Vicesecretario Xeral do PSOE tivo palabras de recoñecemento para Xose Sánchez Bugallo “eres o mellor Alcalde para Santiago”, aseverou. Ademais convidou a pasar un fin de semana en Santiago “a aqueles que din que tódolos políticos son iguais” e proseguiu “este é o mellor exemplo para comparar modelos de xestión e benestar”, resumiu.

Asegura que Bugallo concibiu a cidade como “un espazo de convivencia e non unha parcela privada de conveniencia”, espetou.

Tamen fixo alusión á publicidade anónima publicada en varios xornais galegos na que aparecía a cabeza do presidente do presidente do Goberno, José Luís Rodríguez Zapatero, e tamen a do alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, cun círculo vermello rodeando as súas cabezas. E dixo que “tira a pedra e esconde a man con publicidade enganosa e difamatoria non pode representar con dignidade a Santiago de Compostela”.

O camion de lixo do PP en Santiago

O candidato á reelección Xose Sanchez Bugallo asegurou que o PP pensa “que a mellor maneira de conquistar Santiago é cun camión de lixo esparexido xenerosamente pola cidade”. E proseguiu coas suas criticas “están equivocados e que pouco coñecen esta cidade, que é culta, amable, respectuosa, á que non lle gustan os que se dedican a pór anuncios anónimos nin a insultar e descualificar aos rivais”, insistiu .

E proclamou “non saben que para gobernar Santiago antes deben aprender a entender a querer a esta cidade” e replicou que “conta cun gran equipo de traballo e cun proxecto claro”.

Respecto a campaña do PP explicou que “non podemos competir en comidas, xantares, merendas nin insultos ou cualificacións, pero si nos comprometemos solemnemente en ofrecer absoluta lealdade ao proxecto da cidade, capacidade para levar adiante o proxecto e honestidade contrastada”, resumiu.

Mensaxe para os mozos

Bugallo envoou unha mensaxe especial para os moxos, dos que dixo que pode entender que estean enfadados ou que pidan máis democracia, “que voten a quen queiran” prolclamou. E argumentou que non se pode renunciar a un dereito que tanto tempo e sacrificios custou conseguir.

Jam Session e as gafas de Bugallo

O acto contou cunha actuación previa de Jam Session. Ademais os protagonistas do mitin puxeron en distintos momentos as famosas gafas vermellas de Xose Sánchez Bugallo.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar