Pachi Vázquez: "O 20N nos xogamos ir ao ambulatorio e que nos cobren a consulta, ou manter unha sanidade pública, universal e gratuíta"

Pachi Vázquez: "O 20N nos xogamos ir ao ambulatorio e que nos cobren a consulta, ou manter unha sanidade pública, universal e gratuíta"

Pachi Vázquez: "O 20N nos xogamos ir ao ambulatorio e que nos cobren a consulta, ou manter unha sanidade pública, universal e gratuíta"

O secretario Xeral do PSdeG, Pachi Vázquez, aseverou que “o 20N non só nos xogamos si gaña o PP ou si gaña o PSOE, nos xogamos ir o ambulatorio e pagar pola consulta, ou ter unha sanidade pública, universal e gratuíta”. Así o afirmou o líder socialista na súa intervención no Carballiño, onde estivo visitando a feira acompañado polos candidatos ao Congreso, Laura Seara e Miguel Fidalgo.

Pachi Vázquez recalcou ademais que “o domingo nos xogamos tamén o dereito a prestación por desemprego, nos xogamos que as pensións se manteñan. Nos xogamos que os mozos poidan ir a universidade, ou que os rapaces poidan ir a unha escola, sen ter que pagar”.

O líder dos socialistas advertiu que “está é a realidade que Rajoy e o PP queren ocultar, pero sen embargo Esperanza Aguirre xa dixo en Madrid, que os pensionistas en vez de ter gratis os medicamentos, como ata o de agora, deben pagar una parte do seu prezo”.

Neste senso, Vázquez fixo referencia a que o plan da dereita é claro a hora de implantar o copago sanitario, e lembrou que “dende o luns aparece publicado do DOGA o que o Goberno galego lle vai cobrar aos cidadáns polo uso da sanidade pública”. “Aparece publicado o que lles vai custar aos cidadáns unha consulta médica, un accidente ou o que vai custar o servizo de ambulancias”, recalcou Pachi Vázquez.

O líder dos socialistas galegos aseverou que “a única garantía de que teñamos unha sanidade pública, universal e gratuíta se chama Partido Socialista”. Por isto, Vázquez fixo un chamamento para que o 20N a esquerda vaia a votar “non chega con quedarse na casa, o domingo hai que ir a votar, porque sabemos que a dereita vai a ir toda, e depende de nos. Si a esquerda de mobiliza gaña senón gaña a dereita”.

“Que a esquerda gañe depende da esquerda, non da dereita, depende dos homes e mulleres que entendemos a política como unha ferramenta para axudar aos que máis o precisan”, concluíu Vázquez.

Por a súa banda, a candidata ao Congreso, Laura Seara, reivindicou o voto da muller e apuntou que “as mulleres sempre foron decisivas no voto da esquerda, sempre lle deron un amplo respaldo ao PSOE, tanto no ano 82 como no 2004”.

Neste senso asentiu que “todas as mulleres que estamos chamadas a votar o domingo, nais, fillas avoas, temos moitas razóns para votar ao PSOE e moitas para non depositar a nosa papeleta para o PP”.

Seara ademais recalcou “quero facer un chamamento aos xóvenes para dicirlles que hai esperanza, porque a esperanza non se debe perder. “Os socialistas creemos neste país, temos enerxía, temos ideas e temos esperanza na xente moza deste país, concluíu.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar