Pachi Vázquez: “Non podemos permitir que a crise a paguen os nosos pais e os nosos fillos”

Pachi Vázquez: “Non podemos permitir que a crise a paguen os nosos pais e os nosos fillos”

Pachi Vázquez: “Non podemos permitir que a crise a paguen os nosos pais e os nosos fillos”

O Secretario Xeral do PSdeG-PSOE, Pachi Vázquez, asistiu á manifestación contra os recortes na Sanidade e na Educación.

Propón a reforma do sistema financeiro, impostos para ás grandes fortunas e ás grandes áreas, que teñen grandes beneficios

Valorou a tendencia da enquisa publicada hoxe e que, comparada coa de hai un ano, rexistra unha subida de tres escanos para o PSdeG

Aclarou que o importante agora son os pensionistas que terán que pagar os fármacos, as cadeiras de rodas ou as ambulancias e os estudantes, que terán dificultades para pagar as matrículas

O Secretario Xeral dos Socialistas Galegos, Pachi Vázquez, afirmou en Santiago que “é evidente que os responsables da crise non son os nosos maiores nin os nosos fillos que están estudando”, para o dirixente do PSdeG-PSOE, a crise ten un responsable: “un sistema financeiro especulativo”.

Por esta razón recomenda ao Goberno que afronte “a reforma do sistema financeiro”, e, se quere recadar máis cartos en Galicia, “aplicarlle impostos á banca, aos grandes patrimonios e ás grandes áreas, que teñen grandes beneficios”.

Pachi Vázquez reiterou que “non podemos permitir que esta crise a paguen os nosos pais e os nosos fillos, que non teñen nada que ver en isto”. Por esta razón, explicou, os socialistas galegos quixeron “acompañar” ás centrais convocantes e para dicirlles que o PSdeG-PSOE vai estar traballando en “impedir que sexan tódolos pensionistas galegos os que teñan que pagar unha crise que non depende deles, e que teñan que pagar os estudantes galegos unha crise que non é responsabilidade deles”.

ENQUISAS

Preguntado por unha enquisa publicada hoxe na prensa con proxección en escanos no pazo do Hórreo nunha hipotética convocatoria electoral. Pachi Vázquez chamou a atención sobre o feito de que, tomando como referencia o anterior barómetro, nun ano o PSdeG-PSOE recupera 3 deputados, o PP perde 1 e o BNG 2.

Salienta o líder dos socialistas galegos que “hai unha tendencia” favorable para un partido que, respecto a hai un ano, gana en deputados e outro que perde dous.

De todos os xeitos, insiste Pachi Vázquez, hoxe o importante é que 730.000 pensionistas deste país, a partires do mes de xullo van ter que pagar os seus medicamentos e o seu transporte en ambulancia, pagar as cadeiras de rodas, e uns alumnos que ven multiplicadas as taxas universitarias.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar