Pachi Vázquez: "mentres non poñamos en marcha a máquina de emprego non haberá un só euro que non sexa para a economía produtiva"

Pachi Vázquez: "mentres non poñamos en marcha a máquina de emprego non haberá un só euro que non sexa para a economía produtiva"

Pachi Vázquez: "mentres non poñamos en marcha a máquina de emprego non haberá un só euro que non sexa para a economía produtiva"

O candidato socialista á presidencia da Xunta, Pachi Vázquez, comprometeuse na Coruña a que “mentres non poñamos a andar a máquina do emprego non haberá un euro que non sexa para a economía produtiva”. Así o dixo nun mitin xunto co secretario xeral do PSOE, Alfredo Pérez Rubalcaba, no que tamén interveu o candidato pola provincia, Francisco Caamaño, e a secretaria do PSdeG coruñés, Mar Barcón.

Vázquez dixo que “o primeiro do que falará o meu goberno será do emprego”, que é a principal preocupación dos galegos, e salientou o papel fundamental do goberno para impulsar a creación de traballo cando as empresas carecen de financiamento e o pequeno comercio “ten que pechar”. Criticou que o PP lle teña “medo” a falar da creación de traballo e reclamou “menos estratosfera e mais falar das cousas da xente”.

O candidato socialista lembrou o seu compromiso de 25.000 bolsas contrato de 500 euros para outros tantos mozos e mozas cando, e que suporá un investimento de 39 millóns de euros dun orzamento da Xunta que ascende a 9.000 millóns de euros. Tamén se comprometeu a constituír o Instituto Público de Crédito e Finanzas que garanta o financiamento dos proxectos empresariais.

Pachi Vázquez reclamou que “paguen a crise os que nos meteron nela” porque “o problema de Galicia non é rescatar bancos senón ás persoas que están no paro, aos mozos e mozas e ao pequeno comercio”. Así anunciou un novo imposto á banca e ás grandes fortunas que permitirán mais ingresos para blindar a sanidade e a educación e “pasar da economía do sufrimento á do crecemento”.

Criticou o rescate á banca por canto, dixo, “cómo lle vamos explicar á xente que lle sacamos os cartos aos pensionistas, aos enfermos, estudantes e parados e llelos damos aos bancos que nos meteron no lío e afundiron o país”. Criticou que “cando deixaron un burato de 10.000 millóns dámoslles diñeiro coa condición de que non llelo devolvan aos estafados polas preferentes”.

Educación

O líder socialista comprometeuse a “cambiar o goberno e o país” defendendo o ensino público e incrementando o investimento en I+D para incrementalo un 20 por cento cada ano para pasar do 0,8 por cento do PIB actual ao 2 por cento, como ten Euskadi.

Dixo que o ensino é a principal “ferramenta para o futuro” e comprometeuse a suprimir os concertos aos colexios que segregan, recuperar os libros de texto gratuítos, bolsas, transporte escolar e comedores. Ademais, dirixiuse aos maiores aos que Feijóo e Rajoy “están enganando” ao retirarlles 250 euros ao ano das súas pensións, que medran por debaixo do IPC, ademais de subir a luz, a auga e a educación.

Escapar adiante

Advertiu hoxe que a política de Feijóo e unha “trampa adiante” co obxectivo de “seguir escapando para adiante” e dixo que “xa está ben de enganar e mentir” cos contratos de Pemex que ten agochados, ou ao “falsear as contas” do déficit e agochar 411 millóns de euros. Salientou que o informe do Consello de Contas asinado polo ex conselleiro de Fraga Xosé Antón Orza apunta que “enganaron co déficit”.

Pachi Vázquez desafiou ao candidato do PP a desmentir este informe para presumir de déficit tal e como presume de débeda pública cando a realidade é que en só catro anos duplicou a débeda de toda a historia de Galicia. Dixo que Feijóo ata o momento “non puido dicir que -o informe- era mentira, só dixo que é verdade, pero non me pillaron”.

O líder socialista advertiu que ata o momento o PP “aínda non presentou ningunha proposta de goberno” e salientou que “o único que ofrecen é mais sufrimento, paro, e recesión e menos educación e sanidade”. Salientou que “a mellor maneira de devolverlle a credibilidade á política é dicir poucas cousas e cumprilas”.

Acto seguido presentou o programa socialista, centrado en “só cinco palabras: emprego, sanidade, educación, dependencia e igualdade entre homes e mulleres”, e comprometeuse a “dicir a verdade” mentres Feijóo minte ao anunciar austeridade e “failles pagar os medicamentos aos pensionistas e os libros ás familias”.

Alcoa

Pachi Vázquez e Rubalcaba mantiveron hoxe unha xuntanza cos traballadores de Alcoa que acudiron ao acto dos socialistas galegos, co que, na súa intervención, o candidato socialista cualificou de “inmoral” que Feijóo teña anunciado unha suposta solución “nun mitin”. Apuntou que “a verdade é que non está arreglado”, xa que “non se arregla falando nun mitin ás 9 da noite, senón publicándoo no BOE”.

Así o dixo nun mitin na Coruña, provincia que cualificou como “decisiva” para acadar un goberno socialista por canto é onde se atopa “a maior parte da xente que quere cambiar o goberno”. Dixo que “sei que hai moita xente desilusionada, pero oa desilusión e o enfado non cambian gobernos, o que cambia os gobernos é o voto”.

Nesta mesma liña interveu Alfredo Pérez Rubalcaba, quen chamou a votar para “pararlle os pés Rajoy e á dereita dende Galicia”, e dixo que “si gaña Feijóo será o presidente de Rajoy, pero si gaña Pachi será o presidente dos galegos e das galegas”. Dixo hoxe que o verdadeiro programa do candidato do PP á Presidencia da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, poderíase resumir nunha frase “si non che gusta Rajoy, toma dúas tazas”.

Neste acto tamén interveu o candidato por Coruña Francisco Caamaño, quen cualificou a Feijóo de “erro histórico” de Galicia porque “despois veu Rajoy, indolente, que non se vai ocupar de nós nunca”. Chamou a “emendar” este erro nas próximas eleccións porque, dixo, en catro anos “ninguén recorta algo que fixera Feijóo”.

32641281A

Artigos relacionados

1 Comentarios

  1. mequedo este año sin mitin nome entere tampoco el partido hizo mucha publicidad como yo mucha jente no se entero osea que si las sillas estaban bacias es por eso que dela noche a la mañana nose quedaron sin sipatizantes y mocho menos ese dia bamos a votar y ya esta y en las prosimas haremos un mitin como Zapatero animo compañeros el futuro es nuestro—–

Deixar a resposta

Pechar