Pachi Vázquez, logo da xuntanza polo tax lease: "As espadas seguen en alto"

Pachi Vázquez, logo da xuntanza polo tax lease: "As espadas seguen en alto"

Pachi Vázquez, logo da xuntanza polo tax lease: "As espadas seguen en alto"

O secretario xeral do PSdeG-PSOE, Pachi Vázquez, advertiu que “as espadas seguen en alto” logo da xuntanza que os representantes dos gobernos de España, Galicia, Euskadi e Asturias mantiveron hoxe co comisario europeo da Competencia, Joaquín Almunia, para analizar a devolución das axudas polo tax lease.

O líder dos socialistas galegos amosou o seu respaldo aos representantes dos gobernos desprazados a Bruxelas para defender a proposta de que as axudas que teñan que ser devoltas se limiten ás concedidas a partir do momento de apertura de expediente ao goberno de España, en 2011. Dixo que “quedan uns días” para “parar esta inxustiza con Galicia e o sector naval” na xuntanza do Colexio de Comisarios do día 17.

Pachi Vázquez reclamou así “equipararnos con Francia” e limitar a retroactividade da sanción, o que “pode ser posible” cunha medida que cualificou de “comprensible”. Sen embargo, advertiu que a devolución dos recursos concedidos ata ese momento supón unha “barbaridade en termos xurídicos”.

Manifestación

O responsable socialista anunciou a súa presenza na manifestación convocada polo sector naval hoxe en Vigo ás 21,00 para “defender a un sector estratéxico” e chamou a lanzar unha mensaxe unánime para que os días que restan ata a xuntanza do Colexio de Comisarios “sirvan para que os seus integrantes reflexionen e que fagan de Europa un aliado no desenvolvemento económico de Galicia e non o principal inimigo dun dos sectores estratéxicos de Galicia”.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar