Pachi Vázquez lamenta que o PPdeG rexeite no Parlamento a proposta socialista para blindar a educación e sanidade

Pachi Vázquez lamenta que o PPdeG rexeite no Parlamento a proposta socialista para blindar a educación e sanidade

Pachi Vázquez lamenta que o PPdeG rexeite no Parlamento a proposta socialista para blindar a educación e sanidade

Acusa ao PP de “optar pola saída máis fácil, inxusta e cruel” facéndolle pagar a crise a “pensionistas, enfermos e estudantes” mentres rexeitan blindar os servizos públicos e aplicar novos impostos á banca

O presidente do Grupo Socialista, Pachi Vázquez, presentou hoxe unha Proposición de Lei para “blindar” a sanidade e a educación públicas, que foi rexeitada polo PP. Vázquez acusou ao PP de “optar pola saída mais fácil, inxusta e cruel” que supón “facerlle pagar a crise a pensionistas, enfermos e estudantes” con recortes, copago e o deterioro constante da calidade dos servizos públicos.

Advertiu que os servizos públicos “non son os responsables da crise, pero o PP fai deles as súas principais vítimas” e reprochoulles que teñan incumprido os seus compromisos de non aplicar o copago ou non baixar as bolsas universitarias. Lembroulle á Cámara que, malia a oposición do grupo maioritario, o 75 por cento dos galegos e galegas “piden un gran acordo para a sanidade e a educación e a xente está angustiada e asustada”.

O líder dos socialistas galegos acusou ao PP “levar 3 anos enganando e contando mentiras ao país” como fixeron co rescate, e replicou que “poden dicirlle á xente que non nos enganaron, pero cada vez que abren a boca a prima de riesgo pega un tirón”. Engadiu que “non comparto o optimismo de Rajoy cando dixo me voy al fútbol, que está todo arreglado”, en alusión á presenza do presidente na Eurocopa o día da intervención.

Acusou ao PP de provocar a “voadura controlada” do sistema sanitario e a educación pública. Reclamou que esta Lei obrigue á Xunta a preservar estes dereitos “con carácter de universalidade, equidade e accesibilidade”, garantindo que Galicia incremente paulatinamente o investimento en servizos públicos ata acadar a media da UE nun prazo de 8 anos.

O obxectivo é que os servizos públicos sexan blindados como dereitos para que calquera goberno teña que mantelos cara ao futuro. Ademais, elimina por lei a aplicación do copago e impide “calquera incitación privatizadora destes servizos”, garantindo ademais o control social e parlamentario sobre estas medidas, obrigando a dar conta anualmente ao goberno autonómico.

A proposta presentada hoxe por Pachi Vázquez prevé acadar novos ingresos a través dunha nova política fiscal que acade un maior grao de progresividade no sistema tributario autonómico “principalmente no IRPF e no imposto sobre o Patrimonio, para que contribúan mais os que mais teñen”. Contempla tamén un novo gravame sobre depósitos bancarios, un novo imposto medioambiental e un Plan contra a fraude fiscal.

Salientou que ao PP “trémenlle as pernas cada vez que falamos dun imposto á banca” que suporía un ingreso adicional de 60 millóns de euros, “moito mais do que van recadar co copago”. Engadiu que “viven obsesionados co déficit, pero o problema non é tanto o déficit como a débeda” polo que reclamou un compromiso coas “políticas que permitan controlar o déficit pero que permitan controlar a débeda” pública.

Urticaria

O líder dos socialistas galegos chamou a “deixar claro que a sanidade e a educación non son as responsables da crise” malia que estes servizos “prodúcelles urticaria e ronchas” aos responsables do PP. Advertiu que a “cegueira neoliberal” dos gobernos de España e Galicia “levou a un país como Galicia a que o paro medre mais, a recesión económica sexa maior e as políticas educativas caian e a sanidade perda calidade”.

Pachi Vázquez criticou que o PP “tomou a grave decisión de facerlle pagar a crise aos eslabóns máis débiles, aos pensionistas, aos enfermos e aos estudantes, cando en realidade son as principais vítimas”. Advertiu que as políticas de recortes drásticos de Feijóo provocaron un recorte de 1.500 millóns de euros en 3 anos, 807 millóns de euros en sanidade e outros 782 en educación.

Lembrou que ademais destes recortes masivos, que supuxeron 1.000 profesionais sanitarios e 1.100 profesores menos, a Xunta está a aplaudir o Real Decreto de recortes asinado por Rajoy que abre a porta a un novo medicamentazo e reduce as bolsas para estudantes.

Este decreto, dixo, suprime a universalización da sanidade e obrigará a 730.000 pensionistas galegos, que cobran unha media de 692 euros, a pagar o 10 por cento dos seus medicamentos, pagar polas próteses, pagar polas chairas de rodas ou pola ambulancia non urxente.

Pago de facturas

Pachi Vázquez esixiulle á Xunta que “digan dunha vez a débeda do sistema sanitario galego” e advertiu que van “polo mesmo camiño” dos gobernos de Fraga que deixaron 420 millóns de euros de facturas “no caixón sanitario”. Engadiu que “o único que cambiaron é de caixón, xa que mentres antes era no do Sergas e agora as deixan nas dos provedores aos que non lles admiten facturas”.

O líder socialista aludiu así ao peche do exercicio orzamentario a 30 de setembro, cando o habitual é pechalo a 15 de decembro. Criticou que “non son capaces de dicir o que lle deben pero si son capaces de dicirlle aos provedores que non presenten mais facturas, igual que en educación lles din aos empresarios que non presenten mais facturas”.

jfdghjhthit45

32641281A

Artigos relacionados

Pechar