Pachi Vázquez lamenta que Rajoy e Feijóo "nos tomen por tontos" ao "negar a evidencia do rescate"

Pachi Vázquez lamenta que Rajoy e Feijóo "nos tomen por tontos" ao "negar a evidencia do rescate"

Pachi Vázquez lamenta que Rajoy e Feijóo "nos tomen por tontos" ao "negar a evidencia do rescate"

O secretario xeral do PSdeG-PSOE, Pachi Vázquez, sinalou hoxe que Rajoy e Feijóo demostraron que “temos un goberno incapaz que tirou a toalla e un presidente que nos tomou por tontos negando a evidencia” do rescate a España. Así o dixo durante a visita á Festa da Cereixa e do Aceite de San Clodio de Ribas de Sil -Lugo-.

O líder dos socialistas galegos criticou que teñan optado por afrontar un momento  “dramático” por unha estratexia que “recorda a outras datas de mentiras masivas”. Comprometeu sen embargo a actuación “responsable, como fixemos sempre”, por parte dos socialistas, que “estaremos do lado do pobo nun momento durísimo”.

Sinalou que o “engano” do PP quedou en evidencia cando “pasaron de xurar e perxurar que nunca habería rescate a dicir que menos mal que nos rescatan e que é o que nos vai sacar adiante a todos”. Criticou “actitudes como as dos presidentes de Galicia e de España, que escapan e o negan todo”, e engadiu que “así non estraña que se dispare a prima de risco” pola falla de confianza.

Pachi Vázquez apuntou que “mentres o presidente de España está vendo o fútbol nós queremos estar dicíndolle a verdade a este país”. Reclamou que expliquen “en qué consiste este rescate, en qué vamos a pagalo” e esixiu que “deixen de contar mentiras, porque se trata dun rescate ao goberno de España, que será xestionado a través do FROB”.

Advertiu que este instrumento vai xestionar o diñeiro enviado polas autoridades europeas para “prestárllelo aos bancos, pero teremos que devolvelo tódolos españois”. Reiterou que “os socialistas, dende Galicia e dende España, vamoslle pedir ao goberno que diga a verdade do que está pasando”.

O líder dos socialistas galegos fixo estas declaracións durante a súa visita a San Clodio de Ribas de Sil -Lugo-, onde participou na X Festa da Ameixa e do Aceite, acompañado polo alcalde, Miguel Ángel Sotuela, membros da corporación municipal e do parlamentario socialista lugués Ismael Rego.

jfdghjhthit45

32641281A

Artigos relacionados

Pechar