Pachi Vázquez insta a Feijóo e Rajoy a responder ao "clamor social" da folga xeral do 14-N

Pachi Vázquez insta a Feijóo e Rajoy a responder ao "clamor social" da folga xeral do 14-N

Pachi Vázquez insta a Feijóo e Rajoy a responder ao "clamor social" da folga xeral do 14-N

O secretario xeral do PSdeG-PSOE, Pachi Vázquez, esixiulle a Feijóo e Rajoy que respondan ao “clamor social” amosado na folga xeral e as manifestacións en contra da política laboral e económica do Goberno. O responsable socialista acusounos de empregar a crise económica como coartada para recortar o estado social.

Pachi Vázquez acusou aos líderes do PP nacional e galego de escoller “un camiño que nos leva ao abismo” social e económico, xa que o único resultado das políticas económicas ultraliberais consiste en que “cada día hai mais paro, pechan mais empresas e menos política social”.

O líder dos socialistas galegos lembrou que durante os últimos catro anos o paro creceu en Galicia o dobre que no resto do Estado grazas á política económica de Feijóo, que utiliza os recortes e o déficit cero como “mantra” que “só garante mais recesión, mais paro, menos ingresos e polo tanto mais déficit e mais débeda”.

Dixo que tanto na manifestación de Vigo como no resto das principais cidades e vilas de Galicia, “milleiros de homes e mulleres” teñen enviado hoxe unha mensaxe clara de que “hai que seguir loitando contra un goberno que está pechando empresas, xerando desemprego e destruíndo a política social”.

Vázquez explicou que os galegos e galegas amosan hoxe a súa “indignación masiva” saíndo ás rúas, o que evidencia que “os gobernos deben ver que teñen que cambiar as súas políticas e tirar cara políticas de crecemento, de creación de emprego e de respecto á política social”.

Os socialistas galegos transmitiron hoxe o seu apoio ás protestas contra a política laboral e económica do goberno coa presenza masiva dos cargos públicos e orgánicos nas manifestacións celebradas en toda Galicia. Ademais, os deputados socialistas no Parlamento solicitaron o desconto do seu salario correspondente ao día de hoxe como xesto de apoio á folga, malia que actualmente non hai actividade parlamentaria.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar