Pachi Vázquez insta a Feijóo a dar o paso definitivo para facer realidade o museo da romanización

Pachi Vázquez insta a Feijóo a dar o paso definitivo para facer realidade o museo da romanización

Pachi Vázquez insta a Feijóo a dar o paso definitivo para facer realidade o museo da romanización

O Secretario Xeral do PSdeG-PSOE recorreu en compañía do alcalde, López Orozco, a conmemoración da romanización que se escenifica no Arde Lucus

O Secretario Xeral do PSdeG-PSOE, Pachi Vázquez, aproveitou a súa presenza no Arde Lucus, de Lugo, para “instar ao Goberno galego a dar un paso definitivo no Museo da Romanización, que esta a dar os primeiros pasos, pero que fai falta que se lle empuxe máis”.

Antes de iniciar o recorrido por esta celebración castrexa co alcalde da cidade, López Orozco, Pachi Vázquez salientou que estamos indo cara a unha economía distinta, “unha economía dos nosos valores culturais, das nosas riquezas históricas” e puxo como exemplo de traballo en esa dirección o do concello de Lugo.

Insistiu na necesidade de que o Goberno de Feijóo invista en cultura,nese Museo de Romanización “que o Goberno galego ten que darlle un empuxón definitivo”, concretando o proxecto nunha obra. E esas son as cousas as que, aparte de manter as nosas tradicións, xeran economías, nun mundo que está cambiando.

Anunciou a presentación de iniciativas para que a Xunta tire do museo da romanización en Lugo, que “nos faga sentir a todos aínda un pouco máis orgullosos de Galicia a través desta fermosa cidade”.

O alcalde de Lugo e presidente do PSdeG-PSOE, José Clemente López Orozco, dou a benvida ó Secretario Xeral dos socialistas galegos á festa que conmemora a romanización da cidade. Un evento que presentou como unha “forma de que a cidade atope novos recursos” para poder desenvolverse nun momento económico delicado.

Pachi Vázquez devolveu o saúdo do alcalde da cidade convidando a todos os galegos a participar neste acontecemento cultural da cidade amurallada.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar