Pachi Vázquez: "Hoxe é o día no que se abren as portas do cambio e no que renace a esperanza dunha Galicia distinta"

Pachi Vázquez: "Hoxe é o día no que se abren as portas do cambio e no que renace a esperanza dunha Galicia distinta"

Pachi Vázquez: "Hoxe é o día no que se abren as portas do cambio e no que renace a esperanza dunha Galicia distinta"

O secretario xeral do PSdeG-PSOE, Pachi Vázquez, dixo que coa convocatoria de eleccións autonómicas para o próximo 21 de outubro “hoxe é o día no que se abren as portas do cambio en Galicia”. Así o dixo logo dunha xuntanza coa Permanente da Executiva socialista na que foi acordado convocar para o próximo sábado ao Comité Nacional que designará ao candidato socialista.

 

Pachi Vázquez ratificou hoxe a súa candidatura para encabezar o cartel electoral dos socialistas galegos nun momento no que, dixo, “renace a esperanza dunha Galicia distinta”. Dixo que “Galicia está preparada para o cambio” da man dos socialistas galegos, xa que “o PSdeG-PSOE ten o proxecto que necesita Galicia para poder resolver os seus problemas e cambiar a senda do sufrimento pola do crecemento”.

 

O líder dos socialistas galegos advertiu que, logo de tres anos de goberno do PP, a convocatoria electoral abre a porta a “unha Galicia que se preocupe dos xóvenes, das mulleres, dos maiores, das familias, da sanidade e da educación”. Chamou a “saír xuntos da crise, sen que o custe recaia sobre a clase media” e cambiar “os sacrificios para os máis débiles polos sacrificios para os que mais teñen”.

 

Engadiu que “comeza un novo tempo para restituír os dereitos sociais conculcados, na sanidade, na educación e na dependencia; nunca máis escolas sen mestres nin hospitais sen médicos”. Dixo que se albisca “un horizonte que nos permita cambiar o paro pola creación de emprego, a recesión polo crecemento” e ter “unha Galicia que se preocupe polos sectores produtivos máis afectados”.

 

Pachi Vázquez subliñou que “estamos diante dunha gran oportunidade para Galicia, a oportunidade de gobernar doutra forma, apostando polo crecemento, polo emprego, polo fortalecemento da industria, da pesca, da agricultura, do comercio e dos servizos públicos básicos: a sanidade e a educación”.

 

Engadiu que mentres os socialistas galegos presentan “un proxecto de cambio para todos os galegos e galegas”, o adianto electoral evidencia que o PP “desenténdese dos problemas de Galicia, que os socialistas estamos dispostos a asumir para darlle unha solución dende unha perspectiva máis social, máis responsable e máis comprometida”.

 

Candidatura

 

O líder dos socialistas galegos reiterou hoxe o seu “compromiso para asumir a candidatura do PSdeG-PSOE á presidencia da Xunta” con “forza, gañas e decisión”. Explicou que a designación de candidato “celebrarase seguindo as normas estatutarias que permiten acurtar os prazos pra a dita designación”, convocando o Comité Nacional que resolva a candidatura socialista o próximo sábado.

32641281A

Artigos relacionados

3 Comentarios

  1. jose sarria
    Agosto 27, 2012 a 19:14

    Imos gañar pachi,traballo e nada de promesas sen cumprir, o agro está morrendo, a sanidade e a educación están na uci dende fai 3 anos, espero que demostres que non tódolos políticos sodes iguais. Eiquí tés un voto,que buscará votos honrados onde sexa, agora ben, ti e mailo goberno que ti escollas, espero, como afiliado socialista, sentirme orgulloso de dala cara por ti,e espero, que acabes cós caciques e mailas cacicadas por moitos anos,e tamén, que dentro do mesmo partido,recuperes os valores e a identidade nosa, e que o noso fundador,dende o ceo,se sinta orgulloso de nosoutros. e tamén, a nivel persoal, douche as grazas de corazón,por collelo mando do partido nuns momentos tan difíciles para nós, moitos agacháronse,mais ti déchela cara,non todos poden dicilo mesmo. Unha aperta e tódolo meu respeto e apoio.

Deixar a resposta

Pechar