Pachi Vázquez gana a batalla a Feijoo nas redes sociais durante o debate electoral

Pachi Vázquez gana a batalla a Feijoo nas redes sociais durante o debate electoral

Pachi Vázquez gana a batalla a Feijoo nas redes sociais durante o debate electoral

O PSdeG-PSOE e Pachi Vázquez gañaron onte a batalla a Feijoo e ó Partido Popular durante o debate electoral celebrado na TVG. O Secretario Xeral do PSdeG-PSOE, Pachi Vázquez logrou 463 mencións en twitter fronte as 206 de @Feijoo2012.

A difusión das mensaxes de Pachi Vázquez case triplicou a de Feijoo con un total de 1.175.410 persoas que tiveron nas súas pantallas os seus tweets. Por outro lado, Feijoo só logrou chegar a 426.776 persoas durante o debate electoral.

O hashtag #feijoominte obtivo 150 tweets e #votapachi logrou 691. Ademais, durante o debate televisado a palabra Pemex logrou 212 tweets.

O Secretario de Redes e Innovación da Executiva Nacional Galega, Jorge Expósito, asegurou que Feijoo “está na rede con fins electoralistas, nin lle importa escoitar aos galegos e as galegas nin entende ben para que son as redes sociais”. Sen embargo, Pachi Vázquez “está nas redes sociais dende fai moito tempo e non abriu os perfiles para gañar votos”, explicou.

O socialista asegura que o Secretario Xeral do PSdeG-PSOE leva “dende 2010 en Twitter e dende 2008 en Facebook” polo que leva tempo nas redes sociais e “non creou os seus perfiles para uso electoral, non ten un Flickr e un Youtube propio, senón que aproveitou o potencial do PSdeG”.

Pola contra, Feijoo”uniuse a Twitter o 14 de maio de 2012,a Facebook o 5 de setembro de 2011 e en Youtube e Flickr atópase dende o 1 de outubro de 2012”, criticou o equipo de redes sociais da campaña.

Jorge Expósito destaca que Pachi Vázquez conta cunha lista de reprodución “específica para el” dentro do canal do PSdeG e a día de hoxe “ten 65 vídeos”. Ademais, o PSdeG creou unha lista de reprodución chamada “Autonómicas 2012” fai un mes e xa conta con “20 vídeos”.

32641281A

Deixar a resposta

Pechar