Pachi Vázquez: "Galicia será no futuro o que sexan as súas universidades"

Pachi Vázquez: "Galicia será no futuro o que sexan as súas universidades"

Pachi Vázquez: "Galicia será no futuro o que sexan as súas universidades"

O secretario Xeral do PSdeG, Pachi Vázquez, acompañou hoxe en Ourense aos candidatos socialistas por esta provincia nun acto sectorial de educación que contou coa intervención do ministro de Educación Ángel Gabilondo, de quen dixo “representa a aposta cualificada, serena e rotunda pola educación pública”.

Pachi Vázquez, afirmou que “a educación é elemento crucial para o noso futuro”, porque “Galicia será no futuro o que sexan as súas universidades”.

Dixo que “hoxe Europa está cruzando o cabo de Hornos da economía mundial”, e que “desta crise se sae apostando por un modelo distinto da nosa economía, non volvendo á construción e especulación”, senón que “a chave que abre a porta do futuro se chama educación”.

O líder dos socialistas galegos recordou que o Partido Popular recortou 500 millóns de euros en Galicia en menos de tres anos, fronte á aposta social demócrata por un novo modelo económico que nace da universidade, da investigación e a innovación.

A Secretaria de Estado de Igualdad e candidata ao Congreso, Laura Seara, afirmou que “a educación é a base do socialismo é a máis poderosa ferramenta ao servizo da igualdade”, e un elemento clave para un modelo de crecemento económico intelixente, sostible e inclusivo.

“Non debemos de falar nunca de gasto en educación senón de inversión en materia educativa”, dixo, e explicou que ten que estar asegurado o financiamento da educación superior porque non podemos desaproveitar o talento de ningunha persoa por dificultades económicas.

Seara lembrou que os socialistas incrementaron a inversión en educación chegando a superar o 5% do PIB, se duplicaron en sete anos os recursos destinados ás bolsas ampliando a súa contía nun 60%, e se dotou a 500.000 alumnos de ordenadores portátiles mediante o programa Escuela 2.0.

O ministro de Educación, Ángel Gabilondo, explicou que “la exclusión mayor que hay es excluír a alguien del conocimiento”, e que “el mejor legado es la educación y la formación”.

Así, apuntou que “nadie ha hecho más en este país por la inclusión social como la educación”, e reivindicou que “la educación es la mejor política social y también la mejor política ecónomica”. Case un 40% da xente que está en paro non ten estudios nin sequera elementais.

Gabilondo insistiu en que os desempregados son a nosa prioridade, e que “si hay millones de parados tenemos que garantizar que no tengan nunca desamparo”.

Neste sentido dixo que non todo é economía, por certo unha ciencia social e humana, e que a economía ten que estar ao servizo da política e non ao revés.

Orgulloso de ter formado parte do Goberno de Zapatero, Gabilondo lembrou que se flexibilizou o sistema educativo, se traballou na educación infantil e na escolarización temperá, que é a mellor forma de detectar as necesidades de educación especifica, e que por primeira vez se ten desenvolvido completamente unha lei de educación cunha memoria económica.

Gabilondo afirmou que España é o segundo país do mundo cun sistema educativo de maior equidade.

No ámbito universitario e en clave de igualdade indicou que por primeira vez na historia a presidenta dos reitores de España é unha muller, explicou que a universidade educa para vivir na diferencia sen diferencia de dereitos, e agradeceu o inxente labor burocrático da comunidade educativa para adaptarnos ao espazo educativo comunitario europeo.

Modernización, internacionalización, dimensión social e empleabilidade, no sentido de formación versátil vinculada ás demandas da sociedade, son as claves da universidade que queremos.

O ministro de Educación salientou tamén que España é hoxe o noveno país do mundo en produción científica, e o décimo en índice de impacto.

Tamén destacou a creación do Consello de Estudantes, do Estatuto de Estudantes, e que se está traballando nun novo réxime disciplinario de universidades, que data de 1954.

No acto participaron membros da comunidade educativa universitaria de Ourense, alumnos e profesores, ademais dunha ampla representación dos cargos orgánicos e institucionais do partido na provincia, encabezados polo presidente provincial do partido e alcalde da cidade, Francisco Rodríguez.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar