Pachi Vázquez: "Galicia navega sen timonel nun día dramático para a nosa economía"

Pachi Vázquez: "Galicia navega sen timonel nun día dramático para a nosa economía"

Pachi Vázquez: "Galicia navega sen timonel nun día dramático para a nosa economía"

O secretario xeral do PSdeG-PSOE, Pachi Vázquez, advertiu hoxe en Celanova que Galicia “navega sen timonel” nun día “dramático” polo inminente rescate económico á banca. Participou nunha homenaxe a Celso Emilio Ferreiro na que chamou a recuperar o espírito do intelectual “fronte a estes gobernos conservadores que queren volver a colocar a Galicia nunha Longa Noite de Pedra”.

O líder dos socialistas galegos reiterou unha vez mais as propostas de apoio á Xunta “para sacar adiante este pais no momento mais dramático da historia democrática de Galicia” en que acadou “o teito de paro, recesión económica, pobreza e exclusión”. Dixo que “hai que terlle moi pouco amor ao noso país para non querer sumar tódolos esforzos e sacalo adiante”.

Replicou así ao rexeitamento por parte de Feijóo á proposta socialista de acordo pola produtividade, o emprego e a blindaxe dos servizos públicos, e criticou que estea “escapado permanentemente a lugares de sombra onde non teña exposición para non falar dos problemas deste país”. Criticou que tanto Feijóo como Rajoy pasaran de “querer falar de todo e saber cómo se arranxaba todo a non querer falar de nada”.

Pachi Vázquez considera “clamoroso” que “mentres hoxe se poida producir o rescate deste país tódolos responsables do PP estean escapados” polo que Galicia permanece “sen ninguén que asuma responsabilidades”. Subliñou que os socialistas galegos “seguimos ofertándolle –a Feijóo- diálogo, comprensión, capacidades e modelos inclusivos, pero el non quere falar de Galicia, están rendidos e noqueados”.

Celso E. Ferreiro

O líder dos socialistas galegos participou hoxe en Celanova nos actos de conmemoración do centenario do nacemento de Celso Emilio Ferreiro, nos que convidou a tódolos galegos e galegas a “reler a Longa Noite de Pedra e ver cómo dende 1962 ata hoxe se volven dar as mesmas circunstancias de loita pola liberdade, contra a resignación e contra a inxustiza social”.

Engadiu que “estar hoxe aquí é recobrar e rebeber o espírito de Celso Emilio Ferreiro, loitando contra a resignación, polas liberdades e contra a inxustiza social” seguindo a estela deste “referente do socialismo galeguista” que describiu como “o poeta das clases populares, o poeta social”.

jfdghjhthit45

32641281A

Artigos relacionados

Pechar