Pachi Vázquez fíxase como primeiro obxectivo do seu goberno a creación de emprego para xóvenes, o apoio aos pequenos empresarios e parar os despidos de traballadores públicos

Pachi Vázquez  fíxase como primeiro obxectivo do seu goberno a creación de emprego para xóvenes, o apoio aos pequenos empresarios e parar  os despidos de traballadores  públicos

Pachi Vázquez fíxase como primeiro obxectivo do seu goberno a creación de emprego para xóvenes, o apoio aos pequenos empresarios e parar os despidos de traballadores públicos

O candidato socialista á Presidencia da Xunta, Pachi Vázquez, comprometeuse a fixar como primeiro obxectivo do seu goberno a creación de emprego para xóvenes, o apoio aos pequenos empresarios e parar os despedimentos de traballadores públicos. Así o dixo hoxe en Oleiros, onde visitou as instalacións de INEF e reuniuse con profesores, alumnos e traballadores.

No primeiro día de campaña electoral quixo dirixirse aos mais xóvenes: “hai 50.000 mozos e mozas que están esperando na súa casa por un traballo e hai 28.000 licenciados menores de 30 anos que están no paro; e mentres tanto o goberno do PP realiza unha política de brazos caídos e di que hai que resignarse”.

Explicou ademais que “o principal eixe da campaña socialista ser o emprego “xa que é a principal preocupación de todos os galegos”, dixo. Nese senso xulgou que Feijoo está a actuar cunha política “de brazos caídos” e emprazouno a que deixe de “xogar coa desesperanza e a desilusión dos desempregados”.

Anunciou que si goberna despois do vindeiro 21 de outubro, “creará 25.000 postos de traballo na primeira lexislatura” para os mais mozos. “O meu goberno pensará neles”, e tamén poñerá en marcha “bolsas de inserción laboral”, ao estilo de "Finlandia, Austria e a Unión Europea”.

Pemex

Vázquez esixiulle ao candidato do PP que faga público o contrato de Pemex. “Doulle a Feijoo 24 horas para que ensine os contratos coa petroleira, porque se os sigue sen ensinar so hai un cualificativo que lle direi cada vez que me dirixa a el.” Insistiu en que “non pode ser Presidente da Xunta unha persoa que nos engana a todos. Que ensine os contratos ou quedara por unha persoa que esta facendo trampas.”, espetou.

O líder dos socialistas galegos fixo estas declaracións na localidade coruñesa de Oleiros, onde participou nun encontro cos responsables docentes e estudiantes do INEF, e onde presentou o programa electoral socialista en materia deportiva. No encontro estivo acompañado polo cabeza de lista da provincia de A Coruña, Francisco Caamaño.

32641281A

Deixar a resposta

Pechar