Pachi Vázquez felicita á Vicevaledora do pobo pola súa coherencia ao renunciar ao cargo e pide o cese fulminante do Valedor

Pachi Vázquez felicita á Vicevaledora do pobo pola súa coherencia ao renunciar ao cargo e pide o cese fulminante do Valedor

Pachi Vázquez felicita á Vicevaledora do pobo pola súa coherencia ao renunciar ao cargo e pide o cese fulminante do Valedor

O líder dos socialistas galegos sinala que Benigno López “erixiuse en Valedor do Goberno e do PP deixando desasistidos aos galegos e galegas”

O presidente do Grupo Socialista e secretario xeral do PSdeG-PSOE, Pachi Vázquez, felicitou á vicevaledora Dolores Galovart logo de ter coñecido a súa decisión de renunciar ao cargo polas declaracións feitas onte polo Valedor, a prol dos recortes nos servizos públicos. Pachi Vázquez sinalou que estas mesmas declaracións deben supor o “cese fulminante” de Benigno López no seu cargo.

Vázquez lamentou que o Valedor do Pobo se teña erixido onte en “Valedor do Goberno e do PP” ao propugnar uns recortes en sanidade e educación cos que “deixa desasistidos precisamente aos que ten que defender, que son os galegos e galegas que están sufrindo o máis duro da crise”. Puntualizou que precisamente neste momento de dificultades e recortes é cando a labor da institución é máis necesaria que nunca”.

Subliñou que a nova posición adoptada onte polo Alto Comisionado do Parlamento supón que “ten que deixar o seu cargo de maneira fulminante” xa que, como dita a propia Lei do Valedor do Pobo, este cesará “por notorio incumprimento das obrigas e deberes do seu cargo” (art. 5º, 4ª).

Carta

O líder dos socialistas galegos transmitiu o seu agradecemento á vicevaledora a través dunha carta na que respalda plenamente a súa decisión, coherente cunha actitude que “amosa o teu grande sentido da responsabilidade e un sentimento profundo polo significado da institución á que serviches durante todo este tempo de xeito exemplar”.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar