Pachi Vázquez: "Feijóo está a esperar que escampe"

Pachi Vázquez: "Feijóo está a esperar que escampe"

Pachi Vázquez: "Feijóo está a esperar que escampe"

Entrevista publicada en El País Galicia. Pablo López (@pablolopez_c). Saíu airoso do congreso galego e observa como os seus posibles rivais nunhas primarias enfráscanse en conclaves provinciais. O secretario xeral do PSdeG, Pachi Vázquez (Carballiño, 1954), prepárase mentres para unhas autonómicas que o seu partido prevé para este outono.

Vén pedindo a Feijóo que goberne ou convoque eleccións. Que data cre que ten na cabeza o presidente da Xunta?

Eu o que lle pido a Feijóo é que goberne e esgote o mandato. Pero tamén lle digo que se é incapaz de gobernar, convoque canto antes. Está claro que a súa técnica de botarlle as culpas a outros non resolve os problemas de Galicia.
Que ten na cabeza? Eu creo que non o sabe, porque non está pendente de resolver os problemas de Galicia, senón dos seus resultados electorais. Se fose coherente, como sabe que é incapaz de sacar adiante este país debería convocar. Pero non o vai a facer porque sabe que está a aumentar a deterioración do PP. E iso lévalle a antepor os intereses do seu partido aos do país. Está a esperar a ver se escampa, a ver se deixa de chover en termos electorais.

Que lle convén ao PSdeG?

A normalidade política, que é que esgote a lexislatura. Pero que a esgote tirando deste país, con políticas de emprego, con propostas de economía ... Todos os galegos saben que estes recortes non serven para sacarnos da crise. Entón, haberá que ensaiar fórmulas de estímulo e de crecemento para saír da crise. A min o que me interesa agora é unha proposta de país. Nós estámolas facendo todos os días: de acordos, de pactos, proxectos de lei, de emprego ... Pero o que non quere recibir ningunha proposta é Feijóo, que segue empeñado en dicir que Galicia vai ben, cando toda Galicia sabe que por desgraza isto non vai nada ben.

A lema é que Galicia non vai tan mal como outras comunidades.

Pero é que Galicia vai moito peor. O paro, por exemplo, crece o dobre en Galicia que en España. Pero a forza mediática do presidente repetindo esa mentira, ás veces pode conseguir un espellismo. Non hai que perder tempo con el. O presidente rendeuse, está nos minutos de desconto, facendo tempo para ver cando lle interesa rematar este partido. El sabe xa que nesta lexislatura non lle vai a achegar nada novo a Galicia.

Acúsase a Feijóo de estar en precampaña.

Está nunha nova campaña, propondo todo aquilo no que fracasou na súa lexislatura, como esta semana co proxecto de ampliación do hospital de Ourense, que el mesmo bloqueou. Feijóo está noutra fase, que é: a ver se o engano outra vez, a ver se pican. E está a se facer fotos para deter algo imparable. Temos datos, o PP e nós, de que a caída do PP en Galicia é case o dobre que en España. El sábeo e nós tamén. Non vai parar esa caída volvendo exercer de contacontos.

O PP cae desde as xerais, pero o PSOE non remonta.

O PSOE si remonta, e faio moito mellor en Galicia que en España. Estamos a recuperar case catro puntos. O PP baixa o dobre en Galicia que en España e o PSOE sobe o dobre en Galicia que en España: punto e medio, roldando os catro puntos. Que pode pasar? Calquera cousa, porque hai un 40% de galegos que aínda non di nas enquisas que vai facer. E cando case un de cada dúas oculta o seu voto, os partidos maioritarios teñen un problema.

Como afectan as súas aspiracións de Goberno a división do nacionalismo galego?

Do nacionalismo galego, temos que quedarnos co gran apoio social que ten. Por certo, as enquisas tamén din que están practicamente iguais, a pesar da escisión. En España, agora, practicamente todas as comunidades están gobernadas por coalicións, desde Estremadura a Andalucía, ou Cataluña, País Vasco e Asturias. E curiosamente, o partido que participa en case todas elas, o PP, cando hai que facela en Galicia a demoniza. Unha coalición en Galicia sería unha situación absolutamente normal.

Por que non lanzou aínda a súa candidatura?

Sempre dixen que me vou a presentar, pero isto ten un método. Ata que non conclúan os congresos locais, non se constitúe o Comité Nacional, clave para as primarias. Porque unha das formas de ser candidato é que o propoña a metade máis un do Comité Nacional. Ou a executiva, ou o comité ou o 15% de militantes. Ao día seguinte, sen perder un só día, da constitución do comité, ponse en marcha o proceso de primarias. Non perdemos nin un día. Nin adiantamos nin atrasamos as primarias.

Convenlle ao PSdeG unha confrontación entre aspirantes en vésperas das eleccións?

Os socialistas cando dicimos unha cousa cumprímola. Celebrarémolas conveñan ou non, porque é unha decisión de partido e do congreso galego.

Recibiu con alivio o anuncio a deputada Carmela Silva de que abandona a concellaría en Vigo?

Non, non. Ela garantiunos hai moito tempo que se ía e eu créomo. Non é tanto se é hoxe, mañá ou pasado, é cumprir un compromiso. O que si sinto como un orgullo é que sexamos a primeira federación de España que cumpre algo que piden a berros os cidadáns.

Silva tampouco competirá pola secretaría de Pontevedra. Despéxase o camiño para unha lista única?

Eu non entro para nada nas propostas provinciais. Sexa quen sexa o que se presente, téñeno que apoiar os militantes. Aquí non hai trampa nin cartón. E os que gañen, terán a confianza do secretario xeral.

Gustaríalle unha lista única en Pontevedra?

O que me gustaría é que as listas reflictan os sentimentos dos votantes. Estou seguro de que todo o mundo está a traballar na procura de acordos, pero é un tema que non me preocupa.

Na Coruña compiten un aliado e un rival de Pachi Vázquez no congreso galego.

Home, eu con Fran sinto comodísimo; con Valentín, tamén; Lage está a ter un comportamento impecable. Non vale manipular as cousas. Hai congresos libres, e gáñanse ou se perden. Un ten sentimentos persoais, claro, pero un secretario xeral ten que estarse quieto e deixar que sexan os militantes os que elixan.

Pero en Ourense si se interpretou a candidatura de Pablo López Vidal como un desafío do alcalde da capital.

Eu non o interpreto así. Vai haber un congreso e o comportamento é modélico. Ao que salga dareille o meu apoio, no catro provincias. Empezamos a vivir un momento razoablemente doce, no que todos estamos en darlle unha alternativa política a este Goberno. A frase que máis escoito é: "Pachi, traballade, que podemos gañar". Vai haber moito sentido común.

Dous dos candidatos, Caamaño e José Ramón Gómez Besteiro, en Lugo, son posibles aspirantes nunhas primarias.

É moi fácil extrapolar, pero son dous procesos moi distintos. O provincial ten o seu marco, moi participativo, e ao resto non lle daría ningunha importancia.

jfdghjhthit45

32641281A

Artigos relacionados

Pechar