Pachi Vázquez: "Feijóo engana a todos sempre"

Pachi Vázquez: "Feijóo engana a todos sempre"

Pachi Vázquez: "Feijóo engana a todos sempre"

O presidente do Grupo Socialista, Pachi Vázquez, advertiu hoxe que Feijóo “engana a todos sempre”. Así o dixo logo dunha xuntanza de traballo cos responsables dos tres sindicatos agrarios galegos na que participaron os catro grupos parlamentarios, sobre a Lei de Calidade Agroalimentaria, actualmente a debate no Congreso.

Pachi Vázquez lembrou que Feijóo incumpre sistematicamente os seus compromisos, e sinalou a xuntanza cos sindicatos agrarios do pasado 7 de decembro para que a Lei de Calidade Agroalimentaria impedira a venda do leite á industria por debaixo do prezo de produción. Este acordo foi desautorizado polo Goberno central ao presentar o proxecto de Lei sen incluír as alegacións acordadas polo sector con Feijóo.

Idéntico camiño seguiron os afectados polas participacións preferentes, dixo Pachi Vázquez, que vían cómo o Consello de Ministros aprobaba unha quita unha semana despois de que o PP aprobara en Comisión parlamentaria, xunto cos outros grupos, unha iniciativa socialista rexeitando esta medida e reclamando a devolución do diñeiro estafado.

Lembrou que o naval galego tivo a mesma sorte coa falla de compromiso de Feijóo, xa que despois de que no debate de Orzamentos o PP aceptara unha emenda socialista para construír o dique flotante de Ferrol, este mesmo grupo votaba en contra no Congreso. Tamén incumpriu o seu compromiso para construír os floteis de Navantia “que segundo el xa estaban en construción, pero alguén os viu por algún lado?”, preguntou.

O líder dos socialistas galegos apuntou que a consecuencia é que o presidente da Xunta “logo de gañar as eleccións autonómicas ten que andar rodeado de furgóns da policía”, e recomendoulle que “pregunte o que está pasando”.

Gandeiros

Pachi Vázquez chamou aos demais grupos parlamentarios a presentar unha proposta conxunta para que o PP aprobe no debate da Lei de Calidade Agroalimentaria unha emenda para que o leite non poida ser vendido por debaixo do custe de produción. Chamou ao grupo maioritario a “asumir a forza que da ter o país detrás e resolver a situación co respaldo dos sectores clave”.

O responsable socialista sinalou que “temos que ser agora os grupos parlamentarios os que saiamos ao rescate dos incumprimentos do presidente da Xunta”. Ofreceulle así o apoio dos socialistas galegos “para resolver un problema que afecta á supervivencia de 60.000 familias que viven do leite en Galicia” e “non para ir de comparsa” e lembrou que os socialistas presentaron unha emenda neste sentido no Congreso.

Vázquez subliñou que “este non é un problema só da credibilidade do presidente da Xunta, o que pasa é que a columna vertebral da estrutura agraria, clave para a economía galega, estase resquebraxando”. Advertiu que os gandeiros galegos están “desesperados” logo dun novo engano do presidente da Xunta.

Preferentes

O líder socialista esixiulle ao presidente da Xunta que adopte “decisións políticas” para garantir a devolución íntegra do diñeiro estafado aos titulares de participacións preferentes e obrigas subordinadas de NGB. Puntualizou que “isto non se arranxa con coches da Guardia Civil nin pelexando cos pensionistas aos que lles estafaron, arránxase con decisións políticas”.

Reclamoulle a Feijóo que “non faga escapismo” senón que “se baixe e traballemos de verdade” para solucionar este problema, xa que “estamos falando de centos de milleiros de persoas que non poden vivir” porque quedaron sen os seus aforros e, dixo, “quen non pode vivir fai cousas desesperadas”. Criticou que o goberno “teña diñeiro público para os bancos que se lucran del pero non llelo poden devolver aos estafados”.

Pachi Vázquez lembrou que Feijóo “ten que saber que el é o presidente da Xunta e que non vale botarlle as culpas ao primeiro que pasa por diante”, desmentindo así a acusación do PP, que responsabiliza ao PSOE da aprobación deste produto cando a realidade é que foron reguladas en 2003, baixo a presidencia de Aznar.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar