Pachi Vázquez: “Feijóo e o PP recoñecen a súa incompetencia ao dedicar a precampaña a explicar por que a Xunta non fixo nada”

Pachi Vázquez: “Feijóo e o PP recoñecen a súa incompetencia ao dedicar a precampaña a explicar por que a Xunta non fixo nada”

Pachi Vázquez: “Feijóo e o PP recoñecen a súa incompetencia ao dedicar a precampaña a explicar por que a Xunta non fixo nada”

O secretario xeral do PSdeG-PSOE, Pachi Vázquez, dixo que Feijóo e o PP recoñecen a súa incompetencia ao dedicar a precampaña “a explicar por qué a Xunta non fixo nada” en dous anos de goberno. Así o dixo na visita a Moaña, Vilaboa, Vigo e Ames para presentar aos candidatos socialistas e celebrar o quinto aniversario da liberalización da peaxe de Rande polo goberno socialista.

Así o evidencian as declaracións do conselleiro de Presidencia e secretario xeral do PP, Alfonso Rueda, nas que a semana pasada apuntaba que os conselleiros están “cansados”. Dixo neste sentido que “a min paréceme que todo isto é poñer a venda antes da ferida e sóame como a canción de despedida para moitos dos conselleiros de conselleiras da Xunta de Galicia”.

Sinalou que a estratexia de Feijóo “é o colmo da incompetencia e a inacción” e demostra que “quen ía arranxar o paro en 45 días, reducir as listas de espera da sanidade pública e baixar os impostos incumpre todas as súas promesas”. Advertiu que os anuncios de investimentos multimillonarios da Xunta “non é crible” porque o seu balance “é a parálise de Galicia e o abandono dos sectores produtivos”.

Lembrou así que Feijóo, que no pasado responsabilizaba á Xunta do desemprego, agora “mira para outro lado” cando Galicia duplica o crecemento do paro en España e dobra a destrución de emprego, sendo “quen máis emprego destrúe”. Criticou que “quen tiña a solución demóstrase como absoluto incompetente” paralizando as políticas activas de emprego e repartindo os fondos “para os seus amigos”.

O líder socialista adiantou que os galegos e galegas optarán nas próximas eleccións municipais “polo cambio do modelo social, do sistema sanitario, educativo, a dependencia e os servizos sociais, que é o que está en perigo neste momento”. Apuntou que “ou se opta pola dereita, que cando non goberna obstrúe e cando goberna, liquida, ou pola esquerda que defende o modelo social que tanto nos costou”.
Servizos sociais

Pachi Vázquez cualificou o goberno do PP como o da parálise de todos os proxectos iniciados na pasada lexislatura para dinamizar Galicia mentres reduce os fondos para sanidade, educación, dependencia, servizos sociais e políticas activas de emprego.

Pachi Vázquez dixo así que Feijóo “quere privatizar a sanidade e introducir o copago como modelo de financiamento” mentres deteriora o sistema público, con 250.000 pacientes esperando pola primeira consulta e 120.000 pola proba diagnóstica. Esixiu unha sanidade “universal, pública, gratuíta e de calidade” e engadiu que “todo o que se escape do control público nos servizos esenciais diminúe a súa calidade”.

Engadiu que Feijóo situou a Galicia, coa súa xestión, “no furgón de cola na aplicación da Lei da Dependencia” con máis de 41.000 dependentes á espera dunha prestación “que non lles van conceder”. Mentres, “relega as prestacións da educación pública” suprimindo a gratuidade dos libros de texto e reducindo radicalmente as bolsas de estudo.

O líder dos socialistas galegos lamentou que por mor da xestión do PP “somos unha comunidade que deixa aos mozos e mozas sen Noitebús para 180.000 usuarios que xa non teñen este servizo e que agora se arriscan cada noite a ter un accidente. Mentres, dixo, outros 3.000 mozos e mozas ficaron sen bolsas de investigación polos recortes inxustos aplicados por Feijóo.

Aniversario de Rande

O líder dos socialistas galegos comezou hoxe a xornada cun xantar de conmemoración do quinto aniversario da liberalización da peaxe de Rande polo goberno socialista, que cualificou como “a historia do cumprimento do compromiso socialista”. Lembrou que “o 23 de maio desapareceu esta peaxe por mor do esforzo e interese amosado polos gobernos socialistas en Galicia e España.

Este xantar, que se celebrou en Moaña, contou coa participación do candidato socialista á alcaldía da localidade, Víctor Pastoriza, e do secretario socialista de Pontevedra, Modesto Pose. A continuación participou no acto de presentación da candidatura socialista de Vilaboa, encabezada por José Luis Poceiro, no que tamén interveu a deputada Carmen Gallego.

Pachi Vázquez trasladouse a continuación a Vigo, onde presentou a candidatura encabezada polo actual alcalde da localidade, Abel Caballero, e onde tamén interveu o vicesecretario xeral do PSOE e ministro de Fomento, José Blanco. A xornada rematou cun ato político en Ames, no que presentou a candidatura encabezada polo alcalde Carlos Fernández e no que participou o ministro de Xustiza, Francisco Caamaño.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar