Pachi Vázquez: "Feijóo debe poñer en marcha o cen por cen dos recursos contra o lume"

Pachi Vázquez: "Feijóo debe poñer en marcha o cen por cen dos recursos contra o lume"

Pachi Vázquez: "Feijóo debe poñer en marcha o cen por cen dos recursos contra o lume"

O secretario xeral do PSdeG-PSOE, Pachi Vázquez, reclamoulle hoxe ao presidente da Xunta que poña en marcha “o cen por cen” dos recursos humanos e materiais posibles para a loita contra o lume. Así o dixo nunha visita ao incendio que afecta ás Fragas do Eume, na que mantivo un encontro co alcalde de A Capela, Manuel Meizoso, co quen fixo un percorrido pola zona afectada polo lume.

O líder dos socialista galegos reclamou “medidas excepcionais” diante da situación de “altísimo risco” que afecta a Galicia con lumes que esta semana provocaron perdas irreparables no Parque do Xurés e dende onte nas Fragas do Eume. Advertiu que o presidente da Xunta debe demostrar a súa “implicación directa” e abandonar de inmediato a política de recortes nas medidas preventivas e de extinción de incendios.

Pachi Vázquez declarou hoxe que o goberno galego “non pode estar desaparecido” cunha política de extinción e prevención “cero” nos últimos anos que, nunhas condicións meteorolóxicas de seca e calor como as que estamos a vivir deixan aos cidadáns indefensos e o patrimonio forestal de Galicia en perigo extremo.

Apuntou que Galicia vive unha “situación de excepción” que require a actuación a pleno rendemento de tódolos recursos do goberno galego, logo de ter as labores de prevención “paralizadas durante tres anos” nos que o monte foi abandonado. Engadiu que “hoxe padecemos o recorte de 22 millóns de euros dos orzamentos da Xunta nos traballos de prevención”.

Así o dixo nunha visita na que tamén participaron os parlamentarios autonómicos José Luis Méndez Romeu, Sonia Verdes e Beatriz Sestayo, ademais de membros da Corporación Municipal.

Situación dramática

O líder dos socialistas galegos considera “inexplicable” a falla de medios e de implicación do goberno galego diante desta “situación dramática”, na que está a demostrar unha “lamentable falla de coordinación” entre os efectivos que teñen que traballar na prevención e na extinción do lume.

Durante a súa visita constatou que o goberno galego tan só ten mobilizado o dispositivo de precampaña, así como a UME, pero mantén sen mobilizar tódolos recursos correspondentes a Seaga e sen cubrir as baixas de efectivos. Lembrou que o Goberno galego conta con 1.500 membros deste dispositivo “na casa”, que poden chegar ata os 6.000 na campaña de alto risco.

zp8497586rq

32641281A

Artigos relacionados

Pechar