Pachi Vázquez: "Feijóo debe dimitir por mentir sobre a súa relación co narco Marcial Dorado"

Pachi Vázquez: "Feijóo debe dimitir por mentir sobre a súa relación co narco Marcial Dorado"

Pachi Vázquez: "Feijóo debe dimitir por mentir sobre a súa relación co narco Marcial Dorado"

O presidente do Grupo Socialista, Pachi Vázquez, reclamou hoxe a dimisión de Feijóo como presidente da Xunta polas mentiras sobre a súa relación co narco Marcial Dorado. Durante a comparecencia do presidente da Xunta, o líder dos socialistas galegos dixo que “para ser presidente da Xunta e representar aos galegos e galegas hai que demostrar un comportamento ético intachable antes e durante a ocupación do cargo”.

O responsable socialista desacreditou os “argumentos completamente inverosímiles” sobre a súa relación de dez anos co coñecido narcotraficante. Advertiulle ao presidente da Xunta que “estes feitos que vostede intenta ocultar e que formaban parte do seu pasado estarán presentes no seu futuro e aféctanlle gravemente como presidente da Xunta de Galicia”.

Pachi Vázquez criticou as “catro grandes mentiras” de Feijóo con relación a este caso, como é que non sabía quén era Marcial Dorado no ano 95, que cortou toda a relación en canto o soubo, que “só son fotos” e que “acabou a infamia”. O líder socialista lembroulle que Dorado fora detido por contrabando en 1983, foi investigado por blanqueo de diñeiro en 1989 ou foi detido na Operación Nécora en 1990.

Sinalou que mentres o actual presidente da Xunta ocupaba altos cargos na Consellería e no Ministerio de Sanidade, entre 1991 e 2000, Marcial Dorado era sinalado por toda a prensa da época como un dos capos do contrabando en Galicia. Puntualizou que ademais de mentir sobre o seu coñecemento acerca do narcotraficante “seguramente é vostede quen mais sabe del pola súa longa e intensa relación”.

Apuntou ademais que as intervencións telefónicas dos anos 2001 e 2003 acreditan que Feijóo non cortou toda relación no ano 1997, en contra do que asegurou publicamente. Ademais, desbotou a afirmación de Feijóo de que “só son fotos”, xa que “é a súa vida durante unha década” e evidencian “unha relación intensa á que vostede chega da man de Manuel Cruz”, amigo de Beccaría e testaferro do narcotraficante.

Finalmente, negou que se trate dun caso de “infamia”, tal e como ten criticado o presidente da Xunta, xa que, lembrou, o propio Feijóo presentoulle ao entón presidente Manuel Fraga a súa dimisión “por esta relación e a existencia das fotos”. Preguntou si “daquela era causa do seu cese e agora son unha infamia?”.

Vázquez espetoulle a Feijóo que “vostede é unha mentira” logo de “levar 15 anos con mentiras” nunha traxectoria na que “demostrou que vostede só está preocupado polo seu futuro, non o está pola imaxe de Galicia, o único importante para vostede é si afecta á súa carreira política”.

Ética

O líder socialista criticou o concepto de ética esgrimido por Feijóo, que en 2009 dicía que “o Goberno non se pode fotografar en malas compañías, e si o fai ten que dimitir”, facendo alusión a unhas fotos tomadas polo entón vicepresidente Anxo Quintana cando nin sequera era candidato do BNG.

Lamentou que a ética de Feijóo lle permitira, sendo alto cargo da Consellería de Sanidade, “pasearse en iate pola ría” ou ir de viaxe e a pasar o Fin de Ano cun coñecido narcotraficante mentres toda Galicia percorría as rúas en contra da droga.

Dixo que “non é só mentir, é que todo isto aconteceu nun momento de drama social, con centros de mozos e mozas vítimas da droga, centos de familias destrozadas pro esta causa e milleiros de persoas loitando nas rúas contra os autores desta lacra: os narcotraficantes como Marcial Dorado”.

COMPARECENCIA DO PRESIDENTE DA XUNTA
10.4.2013
INTERVENCIÓN PACHI VÁZQUEZ

Sra. Presidenta.
Sras. e Sres. Deputados.
Sr. Feijóo:

Solicitamos a súa comparecencia no Parlamento de Galicia, para explicar algo que vostede ocultou durante moitos anos: a súa relación cun narcotraficante, Marcial Dorado, que hoxe cumpre condena de 14 anos de cárcere por ser detido cun alixo de 6.500 quilogramos de cocaína.

Intentou vostede e sigue intentando negar unha serie de evidencias, que non só o descualifican a vostede, senón que fan un dano inmenso á imaxe de Galicia e do seu goberno.
Non estamos no Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, estamos no Parlamento para analizar o seu comportamento ético e político.

Cando saiu á luz esta relación, pedímoslle, pola súa gravidade, explicacións, pero vostede cada vez que fala, en vez de dar explicacións, da argumentos completamente inverosímiles que non cre ninguén.

Estes feitos, que vostede intenta ocultar e que formaban parte do seu pasado, non teña dúbida que estarán presentes no seu futuro, e aféctanlle gravemente como Presidente da Xunta de Galicia.

“Non hai caso nin causa”: parece que non opinan o mesmo os xornais europeos e nacionais:
-Le Monde
-Il Corriere de la Sera

Sr. Feijóo:

O dixo vostede no ano 2009: “O Goberno non se pode fotografar en malas compañías, e se o fai ten que dimitir”. Cando o dixo non lle importaba:
• Nin que as fotos ás que se refería foran de cinco anos atrás.
• E ¡que sangue fría! ten vostede cando xa sabía que existían as fotos das que estamos falando.

Sr. Feijóo:

Dende que se soubo isto, vostede está intentando ocultar moitas cousas:

Vostede mantivo una relación persoal con Marcial Dorado dende 1995 ata 2003. Unha relación que non foi ocasional, foi intensa, mantida durante case unha década.

Para explicala, o fai con CATRO MENTIRAS:

1ª MENTIRA:
Que non sabía quen era Marcial Dorado no ano 95.
Un home que:
• No ano 1983: foi detido por contrabando.
• No ano 1989: foi obxecto dunha investigación internacional por blanqueo de diñeiro.
• No ano 1990: foi detido na Operación Nécora, a maior acción xudicial e policial contra o narcotráfico en Galicia.
• No ano 1992: foi incluído nun informe do Goberno Civil de Pontevedra sobre capos galegos, que circulou por toda Galicia.

COMO RESUMO:
Ensínolle as páxinas de catro xornais do ano 1990:
-ABC
-El Mundo
-El País
-La Voz

¿QUEN ERA VOSTEDE DAQUELA?:

1991: Secretario Xeral Técnico da Consellería de Sanidade
1996 Secretario Xeral de Asistencia Sanitaria do Mº de Sanidade
2000: Presidente de Correos
¿QUE ESTABA SUCENDENDO EN GALICIA NAQUELES ANOS?

• En 1994, a droga e a Sida eran a primeira causa de norte da mocidade entre 25 e 34 anos.
• As asociacións contra a droga denunciaban aos responsables, entre eles, Marcial Dorado.
• En 1993, máis de 15.000 persoas se manifestaron en Vilagarcía contra o narcotráfico, e mentres miles de galegos e galegas recorrían as rúas de Galicia, vostede recorría as rías no yate deste narcotraficante, sendo o número 2 da Consellería de Sanidade.

É MENTIRA QUE VOSTEDE NON SABÍA QUEN ERA MARCIAL DORADO.

SEGURAMENTE É VOSTEDE QUEN MÁIS SABE DE MARCIAL DORADO, POLA SÚA LONGA E INTENSA RELACIÓN.

2ª MENTIRA:

“Cando o souben no ano 97, cortei toda relación”. As intervencións telefónicas mostran que vostede seguiu falando con el nos anos 2001-2003.

¿Seguía sen saber quen era Dorado?

3ª MENTIRA:

“Sólo son fotos”. Non Sr. Feijóo: non son só fotos.

É a súa vida durante unha década: viaxando en iate, comendo na súa mansión, acompañándoo a Portugal, Andorra, Picos de Europa, Ibiza, Cascais, pasando a noite de fin de ano con el, ¿con quen se pasa a noite de fin de ano?

Sendo un alto cargo:
Quen pagou esas viaxes e festas? ¿Por qué? ¿Cal era o motivo desa amizade íntima?
¿Cantas viaxes máis hai?
Austeridade: ¿Non era vostede o austero?: iates, hoteis de luxo, viaxes, festas.
Non son só fotos, é una relación intensa á que vostede chega da man de Manuel Cruz:

• Un bo amigo, chofer do señor Romay Becaría e testaferro de Marcial Dorado, que no ano 96-97, en plena relación súa, compra gasoliñeiras para venderllas a persoas vinculadas con Marcial Dorado. Di Romay Beccaría que todo está ben, menudo aval!, tería que explicar el que relación tiña co seu chofer.

4ª MENTIRA:

“Acabou a infamia”, ¿que infamia?

Cando vostede lle presenta a súa dimisión ao Sr. Fraga por esta relación e fotos, non era unha infamia?

¿Daquela era causa do seu cese, e agora son una infamia?

Sr. Feijóo:

Vostede é unha mentira.
Leva 15 anos con mentiras.

Vostede só está preocupado polo seu futuro:

• Non o está pola imaxe de Galicia
• O importante é si afecta á súa carreira política

Sr. Feijóo:

Vostede ocultou a Galicia o seu pasado cun narcotraficante, e cando se descubriu lle mentiu a Galicia e a España.

Mentiu dicíndolle que non sabía quen era Marcial Dorado; que só eran unhas fotos como outras moitas.

Mentiu dicíndolle que acabara a súa relación en 1998, e agora sabemos que falaba con el entre2001 e 2003.

Sr. Feijóo:

Vostede sigue ocultando moitas cousas.
Vostede mentiu reiteradamente.
Eu lle pregunto e conteste. É fácil: si ou non.

• Segue mantendo vostede que un cargo público non debe fotografarse con malas compañías e debe dimitir? Era vostede un cargo público cando andaba de iates con Dorado? Era Dorado unha mala compañía?
• Segue mantendo vostede aquí, no Parlamento, diante de toda Galicia, que non sabía quen era Marcial Dorado nin a qué se dedicaba?
• Segue mantendo vostede que cortou toda relación con Dorado no ano 1997? Minte a Xustiza ao afirmar que hai conversas gravadas entre vostede e Dorado no 2001, 2002 e 2003? Minte a Xustiza ou minte vostede? No 2003 seguía sen saber quén era Dorado? Por qué falaba con el?
• Di vostede que o amedrentaron cos estas fotos, que é un ataque persoal e que é una infamia. Cre vostede que as galegas e os galegos teñen dereito a saber se o seu presidente está sendo ameazado e quén o ameaza?

¿Quen o ameazou? ¿Ségueno ameazando? ¿Con qué?

• Aínda non lle escoitamos pedir perdón nin desculparse por este episodio que vostede cualifica de infamia. Vaise desculpar ou cree vostede que debemos pedirlle perdón aos galegos por pedirlle explicacións e transparencia? Temos que desculparnos os galegos por pedirlle que nos diga a verdade?

Moitas grazas

RÉPLICA

10.4.2013
Sr. Feijóo:

Está vostede inmerso no gran dilema: Ser ou non ser.

• Ser ético ou non selo.
• Ser transparente ou non selo.
• Ser responsable ou non selo.
• Asumir o seu comportamento ou non asumilo.
• Actuar como pide vostede que actúen os demáis ou non facelo.

Mentir é o peor que se pode facer cando está en xogo a credibilidade das institucións, a credibilidade do seu Goberno, e a súa propia credibilidade.

Vostede cre que negando a evidencia pode borrar o acontecido, pero nada máis lonxe da realidade.

Vostede, señor Feijóo, é una mentira.

Sr. Feijóo:

Descubrimos que leva vostede máis de 15 anos vivindo na mentira, ocultando as súas amistades peligrosas, ocultando os motivos polos que tiña unha estreita relación con Marcial Dorado, polos que viaxaba con el, que celebraba o fin de ano con el.

15 anos ocultando a súa amizade con Manuel Cruz, o chófer de Romay Becaría, que compraba empresas e as poñía a nome de Marcial Dorado nas mesmas datas nas que vostede compartía yate, hoteis e viaxes (1996,97,98).

Sr. Feijóo:

Por moito que intente ocultalo, a súa relación de máis dunha década con Marcial Dorado e as súas mentiras, inhabilítano para seguir sendo presidente de Galicia.

Vostede, que esixía ao anterior presidente facturas das súas vacacións, non recorda agora quen lle pagaba as viaxes, os hoteis, as festas, os luxos.

Infamia é mentirlle a Galicia para ocultar que vostede, sendo un alto cargo, viviu dez anos relacionándose cun dos maiores narcotraficantes de Galicia.

Sr. Feijóo:

A ética comeza por un mesmo.
Ninguén cun lastre como este pode continuar dirixindo os designios de todos os galegos e galegas.

Para ser Presidente da Xunta e representar a todos os galegos e galegas, hai que demostrar un comportamento ético intachable antes e durante a ocupación dese cargo.

Vostede, a día de hoxe, non conta con este aval:

• Xa non é só o significado destas fotografías e de todos os feitos graves que se coñecen.
• Xa non é só a súa fráxil memoria e a insuficiencia das súas explicacións.
• Xa non é só mentir.
• É que todo isto aconteceu nun momento de auténtico drama social, con centos de mozos e mozas vítimas da droga, centos de familias destrozadas por esta causa, e milleiros de persoas loitando nas rúas contra os autores desta lacra, os narcotraficantes como Marcial Dorado.

Señor Feijóo:

Vostede non veu aquí a dar explicacións, senón a autoesculparse.

Vostede non veu aquí a pedir disculpas, senón a facer de vítima.

Vostede non veu aquí a aclarar o sucedido, senón a insidiar aos demáis.

Vostede, señor Feijóo, quere pasar polo adalid da democracia, da ética, da transparencia e da austeridade, pero o seu comportamento demostra que é todo o contrario.

Se isto que lle está pasando a vostede lle ocurrise a calquera dos que estamos nesta Cámara, a calquera deputado ou deputada da oposición, vostede non tería tardado un minuto en pedir a súa dimisión inmediata.

Diría que é intolerable e amoral que seguise representando á cidadanía no seu cargo.

Aplíquese vostede a mesma regra que lle reclama aos demáis e dimita.

Vostede non pode seguir sendo o Presidente da Xunta.

Non pode seguir gobernando como se non tivese pasado nada.

O que pasou é o máis grave que nunca lle sucedeu a un Presidente da Xunta de Galicia, e isto só pode resarcirse coa súa dimisión.

Moitas gracias.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar