Pachi Vázquez: "Feijóo debe deixar de facerlle dano a Galicia e contar a verdade sobre a súa relación co narco Marcial Dorado"

Pachi Vázquez: "Feijóo debe deixar de facerlle dano a Galicia e contar a verdade sobre a súa relación co narco Marcial Dorado"

Pachi Vázquez: "Feijóo debe deixar de facerlle dano a Galicia e contar a verdade sobre a súa relación co narco Marcial Dorado"

O presidente do Grupo Socialista, Pachi Vázquez, reclamoulle a Feijóo que “deixe de facerlle dano a Galicia e diga a verdade” sobre a súa relación co narcotraficante Marcial Dorado. O responsable socialista empregou a sesión de control ao presidente da Xunta para reclamarlle que explique “quén o ameazou en 2003 e 2009” coas imaxes xunto co narcotraficante.

Pachi Vázquez advertiulle ao presidente da Xunta que as fotos en compañía co coñecido narcotraficante ten “abochornados a milleiros de galegos” logo de volver a relacionar a Galicia co narcotráfico. Así o dixo salientando que a visita a México do presidente da Xunta foi recibida polos xornais daquel país relacionándoo co narcotráfico, ou o feito de que ao ligar Galicia e narcotráfico nos buscadores de internet o resultado sexa Feijóo.

O líder socialista díxolle que “nese barco –de Marcial Dorado- meteuse vostede solo e ten que saír vostede solo, non lle bote as culpas a Galicia nin á oposición”. Lembrou que 30 días despois da publicación das imaxes, cando Feijóo era número 2 da Consellería de Sanidade, o hoxe presidente da Xunta “aínda non explicou cómo pagaba as viaxes nin quén o ameazou ou amedrentou”.

Reclamoulle ademais que explique “a verdade” sobre as supostas ameazas con relación ás imaxes que ven denunciando o propio Feijóo “porque o que di non o cre ninguén”. Aludiu así ás declaracións revelando ameazas na súa toma de posesión en 2003 como vicepresidente da Xunta, que o levou a poñer o seu cargo a disposición do entón presidente da Xunta, Manuel Fraga, e en 2009.

O responsable socialista advertiu ademais que o presidente da Xunta falta á verdade ao asegurar que no momento de tomarse as imaxes non sabía quén era o narcotraficante. Neste sentido, sinalou que de acordo co informe do xuíz Bermúdez, nos anos 90 Marcial Dorado “era unha máquina de lavar diñeiro do narcotráfico, sabíao a policía, os xuíces, as asociacións contra a droga, sabíao todo o mundo menos vostede”, ironizou.

Pachi Vázquez sinalou que o narcotraficante “sabemos que buscaba prestixio” ao manter unha relación co actual presidente da Xunta, pero preguntoulle “qué é o que buscaba vostede”. Criticou que o presidente da Xunta “bota balóns fóra” atacando á oposición, co que “vai resultar que o levamos nós ao iate da man ou que lle compramos o barco a Marcial Dorado para que o paseara a vostede pola ría”.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar