Pachi Vázquez: Feijóo debe aclarar a data das eleccións e rematar co proceso especulativo

Pachi Vázquez: Feijóo debe aclarar a data das eleccións e rematar co proceso especulativo

Pachi Vázquez: Feijóo debe aclarar a data das eleccións e rematar co proceso especulativo

O secretario xeral do PSdeG-PSOE, Pachi Vázquez, pediulle hoxe ao presidente da Xunta de Galicia que aclare a data das eleccións autonómicas galegas “e remate con este proceso especulativo”. Así o dixo logo de coñecer a convocatoria de eleccións no País Vasco para o próximo 21 de outubro, en resposta a preguntas dos xornalistas na súa visita á capela ardente do intelectual galeguista Avelino Pousa Antelo.

 

O líder dos socialistas galegos amosou “respecto” pola decisión do presidente da Xunta, pero esixiulle que aclare si fará coincidir as eleccións galegas coas vascas ou si rematará a lexislatura convocando en marzo. Dixo que Feijóo “ten que asumir a súa responsabilidade, dicirlle a Galicia cal é o seu calendario electoral e rematar con este proceso de especulación que produce incertidume”.

 

Pachi Vázquez sinalou que “corren malos tempos para a incertidume, que xera retracción económica e inseguridade” e dixo que debe comunicar a súa decisión canto antes “por Galicia”. Tamén amosou todo o respecto dos socialistas galegos pola decisión de Patxi López de convocar eleccións, e puntualizou que “estaba nunha situación distinta –á de Galicia-, en minoría e evidentemente había unha ruptura”.

 

Preparados

O líder dos socialistas galegos explicou que “no partido socialista estamos preparados para dar unha alternativa política clara a eses centos de miles de galegos e galegas que cada día ven cómo Feijóo e este goberno os enganaron”. Puntualizou que “estamos preparados para agora, para despois, para cando –Feijóo- queira”.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar