Pachi Vázquez: "Feijóo anunciou o final do seu proxecto político e púxolle data: o mes de outubro"

Pachi Vázquez: "Feijóo anunciou o final do seu proxecto político e púxolle data: o mes de outubro"

Pachi Vázquez: "Feijóo anunciou o final do seu proxecto político e púxolle data: o mes de outubro"

O secretario xeral do PSdeG, Pachi Vázquez, considerou que Feijóo anunciou "o final do seu proxecto político" e púxolle data, o mes de outubro. Cualificou como "curiosa" esa "auto moción de censura" que está a poñer".

Referiuse así á entrevista na que Feijóo descarta ir "a unhas eleccións anticipadas no primeiro trimestre ou no primeiro semestre" para facer que coincidan coas andaluzas en marzo e recorda que "adiantar as eleccións tres ou catro meses" fixérono os gobernos de Emilio Pérez Touriño e de Manuel Fraga. Ante estas declaracións, Vázquez asegurou que o PSdeG "está preparado para que se celebren eleccións cando queiran" se considera que "o seu proxecto está esgotado". "Que ninguén confunda o noso debate co noso compromiso e capacidade con Galicia", matizou.

Neste sentido, reivindicou que o partido ten "un grande proxecto", con "homes e mulleres preparados, ganas e ilusión para producir un cambio en Galicia cando queira o presidente da Xunta".

Candidaturas PSOE
Pachi Vázquez, considerou que neste momento o PSOE conta con "dous candidatos moi sólidos", Alfredo Pérez Rubalcaba e Carmen Chacón, e apostou por "construír pensando nisto, pero aberto a que calquera outra persoa poida dar o salto" e "volver presentarse".

"Somos un partido que non tapamos nunca a ninguén", sinalou Vázquez e destacou que o relatorio marco, que se estudiarán no Congreso Federal, "por primeira vez, empeza a recoller un modelo distinto, e un modelo de cambio" para conectar coa sociedade" e "dar unha alternativa distinta". "Por iso que, máis que un tema de persoas, hoxe estamos a falar dun debate sólido de compromiso con España e dende logo con Galicia".

A partir de agora, sinalou Vázquez, "haberá que deixar falar aos militantes", ser "moi respectuoso" coa súa vontade e "sobre todo escoitar moito". "Escoitar esas achegas de abaixo que van facer que sexamos capaces entre todos, sobre un relatorio marco, de construír un discurso alternativo para volver ser o partido maioritario deste país".

Trátase, en definitiva, dun congreso "razoablemente tranquilo, respectuoso e onde cada día que pasa se están a decantar máis as posicións".

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar