Pachi Vázquez expresa "respecto total" á decisión de Blanco e augúralle "moito percorrido político"

Pachi Vázquez expresa "respecto total" á decisión de Blanco e augúralle "moito percorrido político"

Pachi Vázquez expresa "respecto total" á decisión de Blanco e augúralle "moito percorrido político"

O secretario xeral do PSdeG, Pachi Vázquez, expresou hoxe en nome dos socialistas galegos o “máximo respecto” á decisión de José Blanco de non seguir na primeira liña política, aínda que lembrou que “aínda lle queda moita política”.

O líder dos socialistas galegos sinalou así que José Blanco “ten moito percorrido político” e destacou a súa demostrada valía en todos os cargos que ocupou nos últimos anos.

“José Blanco é unha persoa clave na política nacional e galega”, sinalou Pachi Vázquez, polo que considerou que “non hai que dar excesiva importancia ás súas declaracións” e aventurou que esta decisión “pode non ser irreversible”.

Considerou lóxico que anuncie que non seguirá ser vicesecretario xeral do PSOE, dado que o foi durante dez anos con Zapatero e agora vaise producir un cambio na secretaría xeral.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar