Pachi Vázquez traslada o apoio do PSdeG para forzar á Xunta a acometer o desdobramento do corredor do Morrazo

Pachi Vázquez traslada o apoio do PSdeG para forzar á Xunta a acometer o desdobramento do corredor do Morrazo

Pachi Vázquez traslada o apoio do PSdeG para forzar á Xunta a acometer o desdobramento do corredor do Morrazo

O secretario xeral do PSdeG, Pachi Vázquez, trasladoulle hoxe ás agrupacións socialistas da comarca do Morrazo “o apoio e compromiso do socialismo galego para conseguir que a Xunta manteña o proxecto do desdobramento do corredor do Morrazo”.

Vázquez, que mantivo un encontro en Vilaboa co alcalde, José Luís Poceiro, e cos portavoces e secretarios xerais das agrupacións locais do Morrazo, defendeu a execución dun proxecto que cualificou de “imprescindible para o desenvolvemento estratéxico desta zona, unha das máis poboadas de Galicia”.

“É certo que non hai cartos para todo, pero si non somos capaces de investir en infraestruturas estratéxicas para crear riqueza e potenciar a nosa economía, nunca sacaremos adiante este país”, afirmou.

Por elo, avanzou que, a través das agrupacións locais, o PSdeG presentará mocións en todos os concellos da comarca, a fin de instar á Xunta a que non abandone este proxecto.

“Vamos tamén a falar cos cidadáns, coas asociacións, e buscar a complicidade da mancomunidade. Temos que unirnos e facer forza para evitar que un elemento clave das infraestuturas galegas quede abandonado”, remachou.

Avogou así por plantexar unha “estratexia en positivo” para defender o desdobramento do corredor do Morrazo. “que permitirá aumentar a competitividade desta comarca”.

Lembrou que os socialistas galegos xa comprometeran a execución desta obra e ratificou este compromiso, á vez que censurou que o proxecto que posteriormente presentou o Goberno de Feijoo “naceu con trampa, porque presentaba un modelo de financiamento inasumible para calquera empresa”.


ENCE

Preguntado tamén pola súa postura ao respecto do traslado de Ence, Pachi Vázquez sinalou que esta empresa “leva moitos anos xogando ao escondite cos distintos gobernos galegos, e se hai algo que une aos partidos políticos en Galicia é o acordo de que Ence debe abandonar a ría de Pontevedra”.

“O PSdeG apoiará rotundamente ao Goberno galego para que Ence non se quede en Lourizán mais ala de 2018. Todos xuntos temos que conseguir que o sector da madeira siga a ser competitivo e produtivo, pero fóra da ría de Pontevedra”.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar