Pachi Vázquez expresa o apoio e solidariedade do PSdeG aos afectados polo terremoto de Lorca

Pachi Vázquez expresa o apoio e solidariedade do PSdeG aos afectados polo terremoto de Lorca

Pachi Vázquez expresa o apoio e solidariedade do PSdeG aos afectados polo terremoto de Lorca

O secretario Xeral do PSdeG, Pachi Vázquez, expresou hoxe o apoio e solidariedade de todo o socialismo galego aos afectados polo terremoto de Lorca, e moi especialmente aos familiares dos falecidos.

Vázquez, que asistiu á concentración silenciosa que tivo lugar en Ourense en memoria das vítimas do terremoto, dixo que “este é o momento de ser solidarios e apoiar a toda a xente que o está pasando moi mal”.

Afirmou que “o corazón de todos os socialistas está hoxe acompañando aos homes e mulleres que están atravesando esta difícil situación, e principalmente ás familias dos falecidos”.

O líder socialista sinalou que “todos os partidos políticos temos que estar hoxe unidos apoiando aos cidadáns de Lorca e poñendo en primeiro lugar as necesidades desas familias e dos miles de homes e mulleres que necesitan psicolóxicamente, moralmente e fisicamente o apoio de toda España, e que sen dúbida o teñen”.

Así quixo transmitir “o cariño dos socialistas galegos” aos afectados polo terremoto e aos familiares das vítimas e poñerse a súa disposición “para que entre todos fagamos o que poidamos para recompoñer a normalidade nesta difícil situación”. “Hoxe, nestes difíciles momentos, todo o demais queda apartado”, concluíu.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar