Pachi Vázquez expresa a satisfacción dos socialistas pola recuperación do Códice e insta a protexer mellor o patrimonio cultural de Galicia aprendendo do acontecido

O Secretario Xeral do PSdeG-PSOE felicitou a todos os responsables da investigación pola recuperación dunha das principais xoias da Cultura e a Historia de Galicia

O Secretario Xeral do PSdeG-PSOE, Pachi Vázquez, ven de sumarse á satisfacción que sinte toda a sociedade galega polo achádego do Códice Calixtino, e que este se atope ademáis en bo estado, como informaron as autoridades eclesiásticas.

O dirixente socialista felicitou tamén ós corpos e forzas de seguridade do Estado, e ós responsables da investigación desde o ámbito xudicial por “un éxito de enorme magnitude”, xa que, comentou Vázquez, “trátase da recuperación dunha das principais xoias da Cultura e da Historia de Galicia”.

O líder dos socialistas galegos convidou á reflexión polo acontecido, xa que “todos debemos aprender deste episodio nefasto” e instou a que “tomemos medidas” para garantir a seguridade do patrimonio cultural do país.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar