Pachi Vázquez expresa a consternación e sentimento de tristura do PSdeG polo suceso da Coruña

Pachi Vázquez expresa a consternación e sentimento de tristura do PSdeG polo suceso da Coruña

Pachi Vázquez expresa a consternación e sentimento de tristura do PSdeG polo suceso da Coruña

O secretario xeral do PSdeG, Pachi Vázquez, expresou hoxe a “consternación” e “sentimento de tristura” dos socialistas galegos polo fatídico suceso acaecido na Coruña, onde un axente da Policía faleceu tentando rescatar a dous mozos que se botaran ao mar, mentres un dos xovenes e outros dous axentes permanecen desaparecidos.

Vázquez destacou o “acto heróico” dos axentes da policía que se lanzaron ao mar para socorrer aos mozos, e transmitiu as súas condolencias aos familiares e amigos das vítimas.

O líder dos socialistas galegos remitiu esta mañá unha carta ao delegado do Goberno en Galicia, Samuel Juárez, e ao alcalde da Coruña, Carlos Negreira, para trasladarlles “o maior dos ánimos para o traballo que queda por diante” e poñéndose a súa disposición para o que sexa necesario.

Pachi Vázquez mantivo ademais ao longo do día contacto telefónico tanto co delegado do Goberno como co xefe da Policía Nacional de Galicia, Xosé Luis García Maña, a quen tamén lle trasladou esta mensaxe de apoio.

32641281A

Artigos relacionados

1 Comentarios

  1. Ana Mª
    Xaneiro 28, 2012 a 15:48

    Esta moi ben, pero cecais sería bo para o propio secretario xeral estar nos actos de hoxe en A Coruña, pola gravedade dos feitos, pola presenza de membros dos gobernos de Galicia e España e dirixentes destacados do PP, ademais dos medios de comunicación. Imos ter eleccións en breve.

    Como hoxe o BNG tiña unha asamblea, que ocupa a atención dos medios de comunicación, estaría ben ter un acto do PsdeG-PSOE de relevancia para contrarrestar e de paso falar dos moitos problemas que ten Galicia.

Deixar a resposta

Pechar