Pachi Vázquez: “estou seguro de que o 21 de outubro vaise abrir a porta do futuro e a esperanza”

Pachi Vázquez: “estou seguro de que o 21 de outubro vaise abrir a porta do futuro e a esperanza”

Pachi Vázquez: “estou seguro de que o 21 de outubro vaise abrir a porta do futuro e a esperanza”

O candidato socialista á presidencia da Xunta, Pachi Vázquez, defendeu a proposta dos socialistas galegos para as vindeiras eleccións, cun proxecto “feito dende Galicia e para Galicia” e dixo estar “seguro de que o 21 de outubro vaise abrir a porta ao futuro e a esperanza.

Así o afirmou no acto de presentación da candidatura de Ourense, no Pazo de San Damián (Amoeiro), unha provincia especialmente castigada polos recortes e falla de inversións do goberno de Feijóo.

“A dereita manexa a palabra medo. A nosa ten que ser a palabra futuro”, afirmou Vázquez, quen chamou aos socialistas galegas a “mirarlle á xente aos ollos e dicirlle a verdade”. “Eu non lle temo ao futuro, porque se os socialistas estamos xuntos, unidos e ilusionados, somos fortes”, proclamou.

“Non podemos facer promesas que non vaiamos a cumprir, o que si podemos é dicirlles que vamos a apostar polos sectores produtivos, por unha economía competitiva e que nos comprometemos a blindar a sanidade e educación públicas e as pensións”, afirmou.

Apostou tamén por “recortar o gasto improductivo e poñer en marcha unha economía competitiva e produtiva, fomentando o emprego xuvenil nos sectores estratéxicos de Galicia”.

“Ese é o noso proxecto de país”, proclamou, fronte a un PP “que o único que fai é falar mal dos outros partidos” e con Feijóo e Rajoy “que cando van a un acto, ou entran pola porta de atrás ou saen pola porta de atrás, porque non queren mirar á xente á cara e recoñecer que fixeron todo o contrario do que dicían que ían facer”.

Vázquez tamén lembrou que Feijóo “recorreu Galicia para dicir que a garantía para saír da crise era que Rajoy gobernase, e agora non quere deixarse ver con el”.

Fronte a isto, defendeu “dicirlle á xente as nosas propostas reais, contando a verdade en vez de venderlles variñas máxicas”.

“Peor que perder é gañar con mentiras e logo decepcionar a todo o mundo, como fixo o PP”, afirmou. “Se defendemos o noso proxecto e llo explicamos á xente con sinceridade, estou seguro de que o día 21 vaise abrir a porta do futuro e da esperanza para este país”.

Ourense

O candidato á presidencia da Xunta afondou na situación da provincia de Ourense, xa que  “se para Galicia a situación é difícil, para Ourense é dificilísima”.

Advertiu que a dereita ten enriba da mesa unha proposta para suprimir a gratuidade da autovía entre Lalín e Ourense, e contrapuxo isto coa aposta polo reequilibrio territorial feita polo anterior goberno socialista.

“Ourense necesita infraestruturas, comunicacións e chan industrial para o seu desenvolvemento”, sinalou, “con proxectos como o do AVE ou da autovía, emprendidos por gobernos socialistas”.

Tamén advertiu que “o seguinte paso da dereita é subir as pensións, o que é malo para Galicia e máis aínda para Ourense, que é a provincia con maior número de pensionistas e coas pensións máis baixas”.

Vázquez criticou que “o único que fixo Feijóo foi un compromiso electoral como o de licitar o Hospital de Ourense, algo que ninguén lle pode crer, porque teñen aínda paralizado o Hospital de Vigo”.

32641281A

Deixar a resposta

Pechar