Pachi Vázquez esíxelle á UE "que pense nas singularidades do noso país"

Pachi Vázquez esíxelle á UE "que pense nas singularidades do noso país"

Pachi Vázquez esíxelle á UE "que pense nas singularidades do noso país"

O candidato socialista á presidencia da Xunta, Pachi Vázquez, esixiu en Estrasburgo que a UE “pense nas singularidades do noso país” para permitir así “construír Galicia en combinación con Europa”. Así llelo comunicou hoxe ao presidente do Parlamento Europeo, Martin Schulz,nun encontro de traballo en Estrasburgo.

O responsable socialista mantivo un encontro co presidente do Parlamento Europeo, Martin Schulz, no que salientou que os problemas de Galicia “teñen importantes solucións dende Europa”. A xornada continuou cun encontro co vicepresidente do Parlamento Europeo, o socialista Miguel Ángel Martínez, e rematou xa pola tarde cunha xuntanza co presidente do PSOE europeo, Javier Moreno Sánchez.

Pachi Vázquez analizou o futuro dos principais sectores galegos e lamentou a ausencia de Feijóo e dos conselleiros “nestes anos clave” nos que “nunca mirou cara Estrasburgo e Bruxelas para buscar solucións aos problemas dos galegos. Dixo que “seguramente me reunin eu con mais comisarios en dous días que el en catro anos de goberno”.

Así o dixo aludindo aos encontros cos comisarios de Pesca, da Competencia e de Traballo, Maria Damanaki, Joaquín Almunia e Laszlo Andor, respectivamente, ademais de celebrar hoxe unha serie de encontros cos ponentes da reforma da Política Pesqueira Común –PPC- e da Política Agrícola Común –PAC-

Criticou que o presidente da Xunta “preferira irse de paseo en mítines políticos por toda España antes que defende a Galicia en Estrasburgo e Bruxelas, onde se xestiona a política europea”. Dixo que Feijóo ten perdido catro anos malia a “receptividade” amosada pola Comisión Europea e que, dixo, “o que falta é diálogo e estar en posición de falar dos problemas de Galicia” por parte do Goberno galego.

Emprego

O candidato socialista mantivo tamén un encontro co comisario europeo de Emprego, Laszlo Andor, quen confirmou a inminente posta en marcha dun fondo de 10.000 millóns de euros para emprego xuvenil na UE dentro do Fondo de Garantía Social. Sinalou que esta iniciativa supón un “novo modelo de inserción laboral” en sintonía coa proposta de Vázquez para crear 25.000 postos de traballo de mozos e mozas en catro anos.

Advertiu que Galicia constitúe unha “bomba social” que require dun proxecto viable de impulso do emprego xuvenil, ao coincidir unha das taxas de natalidade mais baixas e co paro xuvenil mais elevado da UE. Vázquez recolleu estes días os modelos que están sendo aplicados en países como Austria ou Finlandia “coinciden co que estou promovendo en Galicia”, e que está sendo analizado xunto cos sindicatos galegos.

O candidato socialista fixo balance hoxe das dúas xornadas de traballo na sede da Comisión Europea e o Parlamento Europeo en Estrasburgo, que comezaron onte cos encontros de traballo cos comisarios europeos de Pesca e da Competencia, María Damanaki e Joaquín Almunia, respectivamente, e protagonizou unha intervención diante do Grupo Socialista no Parlamento Europeo.

Pachi Vázquez analizou nesta viaxe de traballo a situación da economía, o emprego, a pesca ou a agricultura galegas e a repercusión das negociacións en curso na UE para esta Comunidade Autónoma. Dixo que “moitos dos problemas que plantexamos teñen que solucionarse dende a UE” e apostou por “igualar a defensa de Galicia coa defensa dunha UE que nos faga mais fortes a todos e todas”.

Dixo que no seu encontro coa comisaria de Pesca constatou o incremento dende un 50 ata un 75 por cento a intensidade das axudas á flota artesanal –mellora de barcos, paros biolóxicos ou formación-, a posibilidade de que as mariscadoras poidan acudir aos fondos comunitarios en condicións de igualdade co resto do sector marítimo, e a predisposición a revisar o acordo con Mauritania a través dun diálogo bilateral deste país con España.

Tamén lle trasladou que o paquete lácteo contemplado na reforma da PAC resulta “insuficiente” e “están traballando en novas medidas para que se traduza en novas propostas”, mentres “resulta clave acertar na definición de agricultor” para que na futura PAC Galicia resulte benficiada.

Ademais, analizou xunto co Comisario da Competencia, Joaquín Almunia, a situación do tax lease, e dixo que “si o goberno de España fai os deberes que lle faltan pódese atopar con toda a receptividade do comisario e da UE, pero hai que rematar e facer os deberes”.

Tamén constatou que, en relación coas participacións preferentes, a Xunta e o goberno central teñen a posibilidade de “articular un mecanismo nacional para diferenciar aos aforradores de inversores” e garantir así a devolución dos fondos estafados. Reprochoulle a Feijóo a “estratexia permanente de botarlle a pelota ao de enfronte” xa que “só se arranxa cunha solución política que implique aos gobernos central e autonómico”.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar