Pachi Vázquez esíxelle a Feijóo que remita ao Parlamento o acordo asinado con Pemex

Pachi Vázquez esíxelle a Feijóo que remita ao Parlamento o acordo asinado con Pemex

Pachi Vázquez esíxelle a Feijóo que remita ao Parlamento o acordo asinado con Pemex

O Secretario Xeral do PSdeG-PSOE, Pachi Vázquez, anunciou que o seu Grupo Parlamentario pediu esta mañá por trámite parlamentario que o goberno lles remita copia do acordo acadado con PEMEX para a construción de de sete remolcadores en Galicia.

O líder dos socialistas galegos fixo esta declaración antes de entrar na Xornada O Futuro da Pesca en Europa, organizada polo PSdeG-PSOE e os socialistas europeos.

O acordo, “en principio soa ben”, valora o dirixente socialista, “pero hai que ler o acordo”, advirte. Se reflicte documentalmente o que di o presidente, “sería un bo acordo” para Vázquez, pero “temos que lelo”, xa que os socialistas non coñecen o seu contido.

Por iso, a posición socialistas queda pendente de que este acordo lles sexa remitido. Vázquez espera que “sexa coincidente o dito co que se firmou” e, nese caso, o dirixente socialista xa avanza o “aplauso” dos socialistas, pero, “se houbese algunha dúbida respecto do contido, “tamén o diremos”, advirte.

En referencia ó anuncio do Goberno de crear un gran banco público con NCG, Bakia e Catalunya Caixa, o dirixente socialista dixo que é unha proposta que o PSdeG-PSOE debe analizar. “Ímola estudar coa nosa xente de Economía”, dixo para avanzar que “buscaremos propostas concretas este fin de semana”.

En todo caso, “o que resulta obvio e evidente”, afirma Vázquez, é que “por moito que o Goberno insista en negalo NCG está nacionalizada”. Todo o que lle dixo o presidente do grupo socialista en sede parlamentaria a Núñez Feijóo “é certo” , e máis do 90% da entidade é titularidade do Banco de España.

De todos modos puxo todas as cautelas sobre esta proposta que cualificou de “rara” e aínda sen concretar polo Goberno, que, “os socialistas imos procesar” buscando “o mellor para Galicia”.

Respecto ás acusacións vertidas polo Presidente da Xunta respecto á acusación dos socialistas de ocultación do déficit a través do peche da contabilidade a 30 de setembro de 2011, o Secretario Xeral dos socialistas galegos instou a Feijóo a sacar papeis “porque o que estou mostrando eu é o DOG, que asina o propio Presidente”.

Explicou Vázquez que, si a orde di que non se poden presentar facturas logo do 30 de setembro, “quedan máis dun 30% fora desa contabilidade”. Recomendou a Núñez Feijóo “que non se poña nervioso” pois o ve “irritado, insultándome”. O Secretario Xeral anunciou que os socialistas amosarán en breve canto representan este máis do 30% de facturas nun ano.

jfdghjhthit45

32641281A

Artigos relacionados

Pechar