Pachi Vázquez esíxelle a Feijóo que compareza no Parlamento e acepte a comisión de investigación sobre NGB

Pachi Vázquez esíxelle a Feijóo que compareza no Parlamento e acepte a comisión de investigación sobre NGB

Pachi Vázquez esíxelle a Feijóo que compareza no Parlamento e acepte a comisión de investigación sobre NGB

Sinala que o diñeiro público invertido na entidade “ten que garantir a súa viabilidade e blindar os depósitos dos galegos e galegas”

O secretario xeral do PSdeG-PSOE, Pachi Vázquez, esixiulle ao presidente da Xunta que compareza no Parlamento e acepte a Comisión de Investigación de NGB porque “senón será a xustiza quen poña a todos no seu sitio”. Así o dixo hoxe en Monforte, onde mantivo un encontro cos cargos institucionais e orgánicos do partido para presentar o Pacto polo Crecemento, o Emprego e a blindaxe dos servizos sociais presentado polo PSdeG-PSOE.

Pachi Vázquez reclamoulle ao presidente da Xunta que “non siga fuxindo, que dea a cara para explicar por qué nos enganaron a todos, e a partir de aí constituír unha Comisión de Investigación que depure responsabilidades”. Advertiu que “si non comparece, si ocultan e impiden unha investigación non queda mais camiño que a propia xustiza para investigar cómo foi a fusión galega”.

O secretario xeral do PSdeG-PSOE dixo que a aportación de diñeiro público á entidade galega “ten que garantir a súa viabilidade” e “blindar o banco galego para que os usuarios e os depositarios quedemos tranquilos”. Dixo que a entidade “ten que ser un banco público de tódolos galegos e galegas que non se subhaste nin se fraccione nin se fusione con Bankia”.

O líder dos socialistas galegos puntualizou que “o mais importante son os miles de millóns dos galegos e galegas que teñen o seu diñeiro na entidade para que queden tranquilos e teñan viabilidade”.

Feijóo e Currás corresponsables

Dirixiuse hoxe ao presidente da Xunta e á exconselleira de Facenda e actual Secretaria de Estado de Orzamentos, Marta Fernández Currás, como corresponsables da fusión e da auditoría de KPMG contratada “a dedo” para “dicirnos que con 1.100 millóns de euros a fusión daría beneficios.

Lembrou que o Banco de España dixo onte no Congreso que NGB necesitaría outros 4.000 millóns ademais dos 3.600 xa postos para sumar preto de 8.000 millóns, “case o orzamento da Xunta de Galicia”, e “o presidente da Xunta está desaparecido”.

Estes datos fan inescusable que tanto o presidente da Xunta como a ex conselleira de Facenda pasen polo Parlamento de Galicia para dar conta da súa responsabilidade nunha Comisión de Investigación que o PP está a impedir. Advertiu que de non ser así “haberá que recorrer á propia xustiza”, xa que si están a investigar a fusión de Bankia por 19.000 millóns, os 8.000 de NGB “proporcionalmente é moito maior”.

jfdghjhthit45

32641281A

Artigos relacionados

Pechar