Pachi Vázquez esíxelle a Feijóo "non mais mentiras" con Alcoa e repróchalle os enganos de Pemex e a fusión das caixas

Pachi Vázquez esíxelle a Feijóo "non mais mentiras" con Alcoa e repróchalle os enganos de Pemex e a fusión das caixas

Pachi Vázquez esíxelle a Feijóo "non mais mentiras" con Alcoa e repróchalle os enganos de Pemex e a fusión das caixas

O candidato socialista á Presidencia da Xunta, Pachi Vázquez, dirixiuse a Feijóo para esixirlle “non mais mentiras, non mais enganos” con Alcoa “como fixo cos contratos de Pemex e coa fusión das caixas”. Así o dixo logo dun encontro co comité de empresa da factoría de San Cibrao no que subliñou que “vimos a poñernos de lado dos traballadores e da empresa que é o corazón económico da Mariña”.

Vázquez esixiulle ao candidato do PP “que non engane mais, que non faga o que fixo con Pemex, que engano masivamente a toda Galicia dicindo que habería uns contratos que agora sabemos que non existen”. Aludiu ás declaracións do director xeral de Pemex, Juan José Suárez Coppel, e acusou a Feijóo de “xogar co futuro dos parados do sector naval”.

Reclamoulle tamén que “non volva facer un engano masivo como fixo coa auditoría da fusión das caixas, da que agora se sabe que era todo mentira” mentres Feijóo “xogaba cos aforros de tódalas galegas e galegos”. Aludiu así ás declaracións do Banco de España abocando a entidade á subhasta e aos datos coñecidos onte polos que NGB necesitará dunha nova recapitalización de 7.100 millóns de euros.

Solucións puntuais

Esixiu así “que non volva enganar á xente nin a Alcoa” porque, dixo, “non valen solucións puntuais para que pasen as eleccións e despois teñamos que ves a crúa realidade”. Reclamou unha “proposta para un horizonte de anos que consolide unha tarifa eléctrica que faga competitiva Alcoa e permita seguir crecendo economicamente".

Pachi Vázquez reclamou apoio institucional para unha empresa que constitúe “o corazón económico da Mariña e o principal motor económico da provincia de Lugo”. Comprometeuse a “apuntalar o corazón económico e esixirlle aos gobernos central e autonómico unha aposta real pola economía produtiva e unha tarifa adecuada para Alcoa para os próximos anos”.

Visita a Os Irmandiños

A xornada de hoxe remata intervención de Pachi Vázquez na Festa Socialista do Bonito de Burela, e comezou cunha xuntanza con membros da cooperativa Os Irmandiños.Ali visitou as instalacións e mantivo un encontro cos cooperativistas. Neste encontro, Pachi Vázquez apoiou o centro de recría, que está a ser financiado en solitario pola Deputación de Lugo, logo de que o goberno galego renunciara a apoiar esta iniciativa.

Vázquez salientou o traballo dos integrantes das cooperativas e granxas “non só para a súa actividade concreta, senón tamén como protectores do terreo e do medio ambiente na zona rural”. Preguntouse “cómo é posible que a nosa Comunidade, que é a maior produtora de leite en España, teña os prezos mais baixos”. E insistiu “hai que pararlle os pe as especuladores”.

Festa do Bonito en Burela

En Burela, na Festa dos socialistas e ante 200 militantes e simpatizantes, Vázquez dixo que “cando a xente non vota gaña a dereita, pero cando a xente vota gaña a esquerda”. Afirmou que Feijoo “xogou coa xente que está no naval e que está no paro”. Por iso demandou “que non engane mais a este pais e aos galegos, non pode ser Presidente alguén que engana á xente”, insistiu.

Explicou tamén que unha das propostas do PSdeG pasa por reducir gasto na administración e destinalo a crear emprego e dar apoio a economía productiva de Galicia porque “non hai cartos para paseos ou farolas”. “Hai que crear emprego”, resumiu.

E afirmou que si o PSdeG–PSOE goberna a Xunta de Galicia o vindeiro 22 de outubro “os pensionistas non van a pagar os medicamentos”, e propuxo un imposto á banca para recadar 52 millóns de euros, como xa ten Estremadura ou Andalucía. Dixo que Feijóo e Rajoy levan a España “camiño de Grecia e Portugal”, por iso demandou “apretar ás grandes rendas e aos grandes capitais”, como en Francia.

Pachi Vázquez estivo acompañado nesta xornada de traballo na mariña de Lugo polo Presidente da Deputación de Lugo, Jose Ramon Gomez Besteiro, e os membros da candidatura socialista da provincia Concepción Burgo, Juan Carlos González Santin, Jose Ramon Val, Ismael Rego ademais doutros cargos políticos.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar