Pachi Vázquez esixe un gabinete de crise e a posta en marcha do cen por cen dos medios da Xunta para parar o drama dos lumes

Pachi Vázquez esixe un gabinete de crise e a posta en marcha do cen por cen dos medios da Xunta para parar o drama dos lumes

Pachi Vázquez esixe un gabinete de crise e a posta en marcha do cen por cen dos medios da Xunta para parar o drama dos lumes

O secretario Xeral do PSdeG, Pachi Vázquez, afirmou na que chamou “a zona cero do drama que está vivindo Galicia”, que “arde Galicia e os cidadáns deste país están absolutamente abandonados por este Goberno de Feijóo”, e que nos últimos días arderon máis de 10.000 hectáreas “fronte a unha postura oscurantista da Xunta que o está negando todo”.

Neste sentido subliñou que estamos sendo noticia en todos os medios de España mentres hai un silencio cómplice do Goberno galego e dos medios públicos galegos imposto pola súa dirección. O resultado é que o pasado domingo, por exemplo, cando Galicia estaba ardendo polos catro costados, os telexornais da TVG falaban do comezo da tempada de caza en vez de falar dos lumes.

O líder dos socialistas galegos cualificou a situación de dramática, cando miles de homes e mulleres da Galicia interior están vendo que só teñen ao seu lado aos alcaldes e aos medios da UME e do Estado. Fronte a este despliegue, denunciou unha redución total dos medios da Xunta de Galicia.

Vázquez dixo que non estamos no momento de pedir dimisións senón de traballar, e esixiu que hoxe mesmo se constitúa un Gabinete de Crise integrado polas Consellerías de Medio, Rural, Presidencia e Medio Ambiente. Subliñou que a primeira medida deste Gabinete debe ser poñer en marcha o 100% dos medios que ten a Xunta de Galicia para parar este drama.

Así, apuntou que non é normal que estean todas as medidas extraordinarias do Exército e do Goberno do Estado traballando, e o Goberno Galego non teña operativos o 100% dos recursos.

“Mentres arden os nosos montes e os nosos pobos as motobombas do Goberno Galego están aparcadas, os chóferes están de baixa, os das radios e casetas de vixilancia non están”, dixo, ao que engadiu que “esto non é austeridade é temeridade, e a temeridade do Goberno Galego está provocando unhas consecuencias gravísimas”.

Vázquez lembrou que levamos case tres anos sen política de prevención, e anunciou que o Partido Socialista nesta provincia vai constituír o seu propio Gabinete de Crise cos seus deputados e alcaldes para dar transparencia e poñer en marcha todas as medidas posibles na loita contra os lumes.

Tamén criticou que “Feijóo pasou de ensinar os mapas da NASA” no ano 2006 (para amosar os incendios que sufría Galicia) a ocultar os mapas da súa propia Consellería”, e puxo como exemplo o lume de Parada de Sil que estaba ás súas espaldas e que non está recollido pola web da Xunta.

O secretario Xeral do PSdeG fixo un especial recoñecemento ao traballo dos brigadistas que están facendo xornadas imposibles a risco de desgrazas persoais “pola neglixencia dun Goberno Galego que pechou os ollos e se ausentou”.

O alcalde de Parada do Sil, Francisco Magide, denunciou as mentiras da Xunta de Galicia nesta materia, o abandono e a descoordinación produto de ignorar a realidade, e agradeceu o labor dos voluntarios e aos GRUMIR de Castro-Caldelas, que xunto aos veciños, foron quen extinguiron moitos dos lumes que no seu concello se achegaron a menos de 50 metros das casas.

Así, dixo que o feito de que a Xunta non recoñeza estes lumes impide afrontar o problema “cun mínimo de rigor”, e que “o lume do verán se apaga en inverno con prevención”.

Os socialistas calculan que este ano teñen ardido xa máis de 20.000 hectáreas, 10.000 delas na última semana, e o máis grave é que a Xunta oculta os datos.

A intervención tivo lugar no límite entre os concellos de Montederramo, Maceda e Parada do Sil, onde se podía apreciar a magnitude dos lumes que afectaron á Ribeira Sacra e Manzaneda, ademais de chegar a menos de 50 metros das casas en moitas aldeas.

No acto estiveron presentes o senador e candidato Miguel Fidalgo, deputados provinciais, autonómicos e nacionais, alcaldes e portavoces municipais afectados polos lumes dos últimos días, así como as voceiras de Medio Ambiente e Agricultura no Parlamento, Carmen Gallego e Sonia Verdes, entre outros cargos orgánicos e institucionais.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar