Pachi Vázquez esixe o rescate de NovaGalicia Banco igual que se fixo con Bankia

Pachi Vázquez esixe o rescate de NovaGalicia Banco igual que se fixo con Bankia

Pachi Vázquez esixe o rescate de NovaGalicia Banco igual que se fixo con Bankia

Na clausura do 2º Congreso Provincial de Lugo, Vázquez afirmou que os socialistas “queremos un banco público, con débeda pública, que sexa galego e para os fins económicos deste país”

O secretario Xeral do PSdeG aposta por “facer pagar a quen máis ten, incluída a banca e a Igrexa”

O secretario Xeral do PSdeG, Pachi Vázquez, esixe a Rajoy o rescate de Novagalicia Banco igual que se fixo con Bankia, porque, porque “se hai” diñeiro para Bankia ten que habelo para todos.

Así o explicou esta mañá na clausura do 2º Congreso Provincial de Lugo, onde afirmou que “se hai débeda pública para sanear o banco da comunidade de Madrid, ten que haber débeda pública para sanear Novagalicia Banco”, e puntualizou que non vale facer unha inxección de débeda pública ao sistema financeiro galego e fusionar o banco galego con Bankia e co banco de Valencia.

O líder dos socialistas galegos recordou que xa temos un banco público galego, o 93% de Novagalicia Banco é do banco de España, pero “aínda hai que aportar outros 5.000 millóns de euros, polo que pediu “que se aporten dunha vez”

“Queremos un banco público, con débeda pública, que sexa galego e para os fins económicos deste país”, dixo.

Ademais, Vázquez chamou a atención sobre as manifestacións do presidente de Bankia, que “sorprendentemente” di que non hai que devolver esa débeda pública. “Imaxino que Galicia tampouco terá que devolvela”, engadiu.

Ademais, pediu garantías para os miles de galegos enganados polas Caixas galegas no “corralito das preferentes”, e concluiu que para saír desta crise é necesario o fortalecemento do sistema financeiro e garantindo o crédito.

O secretario Xeral do PSdeG aposta por “facer pagar a quen máis ten, incluída a banca e a Igrexa”, e criticou o cobro de medicamentos aos pensionistas co que se recadarán entre 35 e 40 millóns de euros.

Vázquez explicou que pode evitarse esa inxusta medida cobrándolle impostos á banca, que recadaría en Galicia 60 millóns de euros, aos grandes patrimonios, aumentando a fiscalidade ás grandes áreas comerciais, con impostos medioambientais, e que a Igrexa pague o IBI “dunha vez”.

jfdghjhthit45

32641281A

Artigos relacionados

Pechar