Pachi Vázquez esixe medidas estruturais e créditos do Igape a xuro cero para o sector agrogandeiro

Pachi Vázquez esixe medidas estruturais e créditos do Igape a xuro cero para o sector agrogandeiro

Pachi Vázquez esixe medidas estruturais e créditos do Igape a xuro cero para o sector agrogandeiro

p>Acusa ao Goberno de Feijóo de desleixo co sector ata o punto de eliminar a consellería de Medio Rural e deixala en mas da responsable do Mar

O PSdeG-PSOE estará sempre a carón das 100.000 persoas que queren vivir do campo en Galicia e apoia a convocatoria de mobilizacións de UUAA

O líder dos socialistas galegos afirma que Galicia pode ser competitiva se non se abandona aos gandeiros ante a atomización das terras, a suba do transporte e da enerxía

Recrimina a ausencia de axudas ao sector cando o IGAPE devolveu o 70% dos seus recursos

Lamentou que Feijoo se desprazara a Asturias na campaña electoral autonómica para apoiar un aumento do prezo do leite nesta comunidade mentres en Galicia sigue sendo o máis baixo de España

O Secretario Xeral do PSdeG-PSOE, Pachi Vázquez, ven de anunciar a presentación dunha serie de iniciativas parlamentarias e nos concellos en apoio do sector agrogandeiro “con medidas estruturais, non limosnas”.

O líder dos socialistas Galegos avanzou que estas medidas deben concretarse en préstamos a interese do cero, do que o líder dos socialistas criticou que deixara o 70% do diñeiro destinado a axudas sen adxudicar; a consecución dun gran acordo polo Grupo Lácteo Galego; e a posta a disposición de terras para a súa explotación agrogandeira, logo de constatar que existen zonas do país co 80% da terra desaproveitada.

Pachi Vázquez realizou esta mañá unha visita a unha explotación leiteira no municipio coruñés de Trazo, para logo manter unha xuntanza con representantes do sector gandeiro en Ordes.

O Secretario Xeral do PSdeG-PSOE salientou que a seca ven de agravar unha complicada situación dun sector cuxo principal problema segue a ser o prezo do leite. “Non pode ser que Galicia, sendo a comunidade con maior produción teña os prezos do leite máis baixos de España”, apunta Vázquez, para criticar a continuación que “mentres o Presidente da Xunta vai a Asturias a apoiar un aumento para o leite asturiano, Galicia continúe tendo o leite catro céntimos máis barato” que o principado.

UN GOBERNO DE COSTAS Ó SECTOR AGROGANDEIRO. APOIO ÁS MOBILIZACIÓNS CONVOCADAS PARA POR UU.AA

Pachi Vázquez cualificou como “un síntoma en si mesmo” do desleixo co sector agrogandeiro do Goberno de Núñez Feijóo o feito de que “desaparecese a consellería de Medio Rural para deixarlle esta competencia á responsable do Mar”.

O Secretario Xeral dos socialistas galegos reivindicou a necesidade dunha consellería específica e afirmou que as e os socialistas galegos, desde a militancia ata os cargos de representación institucional, “non imos deixar soa ás máis de 100.000 galegas e galegos que están a traballar por sacar adiante este país fronte a atomización das terras, o transporte, a enerxía, a falta de pastos e a ausencia de axudas”.

Vázquez instou aos gandeiros e agricultores galegos a “que miren o que lles pasou en tres anos” de Goberno de Núñez Feijóo, “ o goberno non mirou para eles”, a pesares de ser “os anos da maior seca desde que hai rexistros”. Para Vázquez “non vale con dicir que isto o ten que arranxar Europa ou Madrid”, para o máximo responsable do socialismo galego o agro e a gandería é “unha cuestión nosa, que temos que arranxar aquí”, e afirmou que as mulleres e homes do agro sempre atoparan ao seu carón aos socialistas.

Anunciou o apoio da convocatoria de mobilizacións de Unións Agrarias para mañá, venres, 13 de abril, “porque non podemos resignarnos, senón que debemos axudar á xente que quere que este país sexa competitivo e para o PSdeG o agro e a gandería son elementos esenciais do país”.

zp8497586rq

32641281A

Artigos relacionados

Os comentarios están pechados.

Pechar