Pachi Vázquez esixe explicacións ao Goberno galego pola paralización da concesión do Porto Deportivo de Muxía

Pachi Vázquez esixe explicacións ao Goberno galego pola paralización da concesión do Porto Deportivo de Muxía

Pachi Vázquez esixe explicacións ao Goberno galego pola paralización da concesión do Porto Deportivo de Muxía

O secretario xeral do PSdeG, Pachi Vázquez, avanzou hoxe que esixirá explicacións ao Goberno galego en vía parlamentaria pola paralización do Porto Deportivo de Muxía, pendente da concesión para a súa explotación. Así o confirmou tras manter unha xuntanza co alcalde deste concello, Félix Porto, ao que o líder dos socialistas galegos se trasladou no marco das visitas que está a desenvolver na campaña “Galicia, a nosa tarefa”.

Unha campaña na que, segundo destacou Vázquez, “estamos escoitando e coñecendo de primeira man cales son os problemas dos cidadáns nos distintos concellos”. Así, no caso de Muxía, Vázquez incidiu na importancia do desenvolvemento económico e a xeración de emprego, para o que sería fundamental contar co Porto Deportivo.

Por elo, anunciou que “mañá levaremos ao Parlamento unha iniciativa para que o Goberno galego explique como é posible que o Porto Deportivo, unha vez rematado, siga paralizado, porque isto non é un elemento político, senón unha oportunidade de xeración de emprego, dinamización económica e turismo para este concello”.

“Así non se pode funcionar, é imprescindible incentivar a actividade económica dos concellos”, sentenciou.

Na mesma liña, criticou o abandono da Xunta aos concellos coa retirada de axudas do Plan Concertado, que obriga ás corporacións locais a asumir os custos da atención domiciliaria ante a falla de colaboración económica do Goberno de Feijóo.

Sinalou que “en Muxía, os socialistas podemos presumir dunha xestión municipal que está a cubrir os ocos que deixa un Goberno galego desaparecido” e lamentou que teña que ser o alcalde o que “dea a cara para solucionar a situación de abandono na que quedaron os veciños e veciñas na asistencia social”.

“Non o podemos consentir”, afirmou, á vez que ratificou o compromiso dos socialistas galegos “para incentivar a economía, fomentar o emprego e blindar as políticas sociais”.

Por elo, avanzou que o PSdeG trasladará estes problemas ao Parlamento de Galicia “para esixir ao Goberno de Feijóo que traballe en colaboración institucional con este concello e cos cidadáns”.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar