Pachi Vázquez esixe a Feijóo unha proposta concreta sobre o futuro de Novagalicia banco

Pachi Vázquez esixe a Feijóo unha proposta concreta  sobre o futuro de Novagalicia banco

Pachi Vázquez esixe a Feijóo unha proposta concreta sobre o futuro de Novagalicia banco

Afirma que “non podemos seguir co crédito pechado, sen financiamento para as empresas e cun presidente que se está escondendo”

O secretario Xeral do PSdeG lembra que NovaGalicia Banco está moito máis nacionalizada que Bankia”, dado que máis do 90% da entidade está en mans do FROB, e acusa a Feijóo de enganar aos galegos e non dar unha saída ao sistema financeiro galego

O secretario xeral do PSdeG, Pachi Vázquez, esixiu a Feijóo “que explique claramente cal vai ser o futuro do sistema financeiro galego”.

Rajoy e Feijóo teñen que ser capaces de facer unha proposta concreta na que se vexa nítidamente cal é a saída do sistema financeiro galego, e advertiu que “hoxe o teñen máis difícil que onte”.

Vázquez explicou que “os galegos non saben que NovaGalicia Banco está moito máis nacionalizada que Bankia”, aludindo a que máis do 90% da entidade galega está en mans do FROB, e que “temos un presidente que está enganando aos galegos”.

O secretario Xeral do PSdeG dixo que a situación actual pon en maiores dificultades a Nova Galicia Banco, porque “o sistema financeiro galego está absolutamente nacionalizado e non ten saídas fáciles”.

“Non podemos seguir co crédito pechado, sen financiamento para as empresas e cun presidente que se está escondendo”, engadiu.

Vázquez fixo estas declaracións minutos antes de participar no Consejo Territorial do PSOE, onde se vai facer unha proposta “nítida e clara” para “garantir a mellor sanidade de Europa e unha das mellores educacións sen cobrarlle aos nosos pensionistas unha peaxe absolutamente inxusta”.

O líder dos socialistas galegos explicou que van facer propostas claras para mellorar un modelo solidario e eficiente como é o noso sistema sanitario, e intentar “parar en seco” as medidas do Partido Popular que “lle queren cargar aos pensionistas e aos enfermos de forma inxusta unha crise na que non teñen nada que ver”.

Nesta reunión do Consejo Territorial ademais de analizarse as medidas de recorte do gasto en sanidade e educación fixadas polo Goberno para as comunidades autónomas, estudiaranse tamén as últimas medidas do Executivo para a reforma do sector financeiro.

Así, ademais do secretario Xeral do PSOE, Alfredo Pérez Rubalcaba, e os secretarios Xerais das distintas federacións, participan nesta reunión a Vicesecretaria Xeral do PSOE, Elena Valenciano; o secretario de Organización, Óscar López; o secretario de Relacións Institucionais e Política Autonómica, Antonio Hernando; o portavoz socialista no Senado, Marcelino Iglesias; o Vicepresidente da FEMP, Abel Caballero e o secretario Xeral de JSE, Nino Torre, ademais dos membros da chamada Representación Municipal, encabezados polo secretario de Cidades e Política Municipal, Gaspar Zarrías.

Participarán tamén a portavoz socialista no Congreso, Soraya Rodríguez e as secretarias de Política Social e Educación do PSOE, Trinidad Jiménez e Mar Villafranca.

jfdghjhthit45

32641281A

Artigos relacionados

Pechar