Pachi Vázquez esixe a Feijóo que se sume ás comunidades que presentaron un recurso de inconstitucionalidade contra o decreto dos recortes na sanidade pública

Pachi Vázquez esixe a Feijóo que se sume ás comunidades que presentaron un recurso de inconstitucionalidade contra o decreto dos recortes na sanidade pública

Pachi Vázquez esixe a Feijóo que se sume ás comunidades que presentaron un recurso de inconstitucionalidade contra o decreto dos recortes na sanidade pública

O Secretario Xeral do PSdeG-PSOE, que participou hoxe en Santiago na manifestación convocada contra os recortes e a privatización por SOS Sanidade Pública, anunciou que o seu grupo parlamentario presentará unha iniciativa neste sentido para pararlle os pes á dereita

Pachi Vázquez propón que, en lugar de facer caer todo o peso da crise sobre pensionistas, enfermos e estudantes se apliquen impostos á banca, o IBI á Igrexa e impostos aos grandes patrimonios

O Secretario Xeral do PSdeG-PSOE, Pachi Vázquez, afirmou hoxe que Galicia ten que presentar un recurso ante o Tribunal Constitucional para paralizar o decreto lei que regula os recortes na Sanidade, por invasión de competencias.

O líder dos socialistas galegos esixíu a Núñez Feijóo que faga o que xa fixeron os seus homólogos en Andalucía, Euskadi e Cataluña, “en lugar de facer caer todo o peso da crise sobre os pensionistas, sobre os nosos enfermos e os nosos estudantes”, criticou Vázquez.

Anunciou o máximo dirixente do socialismo galego que o seu grupo parlamentario presentará na Cámara galega unha iniciativa neste sentido, “para que Feijóo non traizoe a Galicia” e para forzar que se lle “pare os pes a Rajoy e a este goberno desnortado” e lograr que aplique “unha saída á crise onde a ten que aplicar”.

A fórmula para afrontar esa saída da crise explicouna Pachi Vázquez a continuación, “impostos á banca, IBI á Igrexa e impostos aos grandes patrimonios”, para engadir que “non se sae da crise asfixiando máis aos pensionistas, enfermos e estudantes.

Pachi Vázquez fixo estas declaracións ao comezo da marcha polas rúas de Santiago da manifestación contra os recortes e a privatización convocada por SOS Sanidade Pública. Acompañando ao líder dos socialistas galegos se atopaba o Secretario de Organización, Pablo García, o Secretario Xeral Provincial da Coruña, Francisco Caamaño, así como os responsables da área de Sanidade na Executiva e no Grupo parlamentario, deputados, cargos orgánicos e institucionais e militantes.

O Secretario Xeral do PSdeG-PSOE afirmou que “todo o partido socialista quere estar aquí, con estes miles de homes e mulleres que queremos pararlle os pes a esta dereita, que en vez de resolver a crise cada día nos afonda máis nela”. Unha dereita “que en vez de dar diñeiro á Sanidade, inxecta diñeiro á especulación bancaria sen pedir ningún tipo de responsabilidades”, recriminou ao Goberno.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar