Pachi Vázquez esixe a Feijóo que non traizoe ao país e rexeite ser cómplice do desmantelamento dos partidos xudiciais

Pachi Vázquez esixe a Feijóo que non traizoe ao país e rexeite ser cómplice do desmantelamento dos partidos xudiciais

Pachi Vázquez esixe a Feijóo que non traizoe ao país e rexeite ser cómplice do desmantelamento dos partidos xudiciais

O Secretario Xeral do PSdeG-PSOE, xunto a Antonio Hernando e Laura Seara, mantivo un encontro cos alcaldes e portavoces dos concellos afectados pola reforma da planta xudicial que prevé o Goberno de Rajoy e que afastaría a Xustiza dos cidadáns eliminando a maioría dos partidos xudiciais

O Secretario Xeral do PSdeG-PSOE, Pachi Vázquez, acusou hoxe ao PP, a Rajoy e a Feijóo de estar construíndo “unha Galicia disitinta”, que se divide entre “a Galicia dos que poden pagar”, a Sanidade e a Educación, por exemplo, e “a dos que non as poden pagar”.

“Agora toca inxustiza”, dixo o dirixente socialista quen condenou que os Gobernos de Rajoy e Núñez Feijóo rachen “o consenso histórico de construír un país que nos iguala e cada vez temos máis un país que nos fai distintos”, dixo.

O líder dos socialistas galegos fixo estas manifestación nun breve encontro coa prensa á entrada dunha reunión con alcaldes de portavoces dos concellos que se verían afectados pola nova planta xudicial que propón o Goberno. Reunión na que participan tamén os responsables federal e nacional da área Institucional e de Dereitos e Liberdades do seu partido, Antonio Hernando e Laura Seara.

“Non quero vivir nunha Galicia de dúas partes, a que pode pagar a Sanidade, a Educación e a Xustiza e a dos que non van poder pagar nada e terán que vivir de xeonllos”, afirmou o dirixente socialista. “Unha Xustiza gratuíta e en condicións para todos os cidadáns é clave para un país moderno e que quere vivir en igualdade”, defendeu Vázquez.

Existe un clamor en toda Galicia, dos tres partidos, incluído o PP que vota nos municipios a favor das mocións socialistas a este respecto, insiste Pachi Vázquez porque non se pode facer desaparecer aos partidos xudiciais.

Por iso pide a Feijóo “que non traizoe a este país”, non sexa “cómplice” de algo que vai desmantelar un sistema que non hai que reducir os partidos xudiciais senón que hai que facer máis moderno e eficiente. O Secretario Xeral do PSdeG xa anunciou que os socialistas serán “belixerantes” con este asunto.

Con anterioridade a Pachi Vázquez falou o Secretario de Política Institucional do PSOE, Antonio Hernando, quen reprobou a intención dos populares de reducir á metade as demarcacións xudiciais, os partidos xudiciais que en Galicia pasarían de 45 a 13.

Segundo Hernando, concentrar os xulgados nas grandes capitais, como pretende o Goberno, afasta a xustiza dos cidadáns. Acusou ao ministro de querer aproveitar o informe do Consello Xeral do Poder Xudicial para empregalo como escusa para “facer un plantexamento simplista da Xustiza, economicista”.

Laura Seara, Secretaria de Institucional, Dereitos e Liberdades do PSdeG-PSOE, anunciou que os socialistas van impulsar a creación de plataformas para que “os partidos xudiciais, e as oficinas xudiciais non desaparezan do noso país”.

jfdghjhthit45

32641281A

Artigos relacionados

Pechar