Pachi Vázquez esixe a Feijóo que manteña as axudas aos concellos para cubrir o custo da asistencia domiciliaria

Pachi Vázquez esixe a Feijóo que manteña as axudas aos concellos para cubrir o custo da asistencia domiciliaria

Pachi Vázquez esixe a Feijóo que manteña as axudas aos concellos para cubrir o custo da asistencia domiciliaria

O secretario xeral do PSdeG, Pachi Vázquez, visitou Navia de Suarna (Lugo), seguindo a campaña “Galicia, a nosa tarefa” encamiñada a pulsar a temperatura social e laboral de Galicia. Á súa chegada mantivo un encontro co alcalde, José Fernández, a fin de coñecer de primeira man os principais problemas dos veciños e veciñas deste municipio.

“Seguimos a percorrer Galicia para escoitar os problemas dos cidadáns e traerlles solucións”, sinalou ao remate da reunión. Así, destacou como “unha situación que é unha constante en toda Galicia” a dificultade dos concellos para prestar a atención domiciliaria, despois de que a Xunta recortase ata nun 80% as axudas do Plan Concertado.

Así, expresou a súa preocupación porque “neste mes, miles de homes e mulleres de Galicia van quedar sen atención domiciliaria, porque os concellos non teñen recursos para prestar este servicio sen axuda do Goberno galego”.

Por elo, anunciou que o PSdeG trasladará unha proposta á Fegamp e ao Goberno galego, en vía parlamentaria, “para buscar un acordo para que a Xunta siga a pagar estas axudas, porque non podemos deixar sos aos miles de homes e mulleres que precisan deste servizo”.

Servizos elementais
Vázquez tamén trasladará á Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas unha “reclamación histórica” como é a traída de augas ao municipio de Navia de Suarna. Lembrou que o anterior goberno socialista da Xunta deixou feito o proxecto e que só resta a súa adxudicación, polo que instará ao Goberno de Feijóo a acometer este servicio básico.

“Non queremos luxos, pedimos cousas tan elementais como a cobertura da nosa política social e dunha necesidade básica como é a traída de augas a un concello”, apuntou.

Tras a xuntanza, Pachi Vázquez e o alcalde de Navia de Suarna, acompañados de outros membros do grupo de goberno e deputados e deputadas da provincia, realizaron un percorrido pola estrada entre Navia e Becerreá. Unha estrada “que é unha fonte de desenvolvemento económico entre ambos concellos, e que conseguimos grazas ao traballo do alcalde e do anterior goberno socialista da Xunta, do que me sinto orgulloso de ter formado parte”, afirmou.

Posteriormente, o líder dos socialistas galegos mantivo un encontro con alcaldes e portavoces da comarca, no que tamén participaron o secretario provincial, Ricardo Varela, e a deputada Sonia Verdes.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar