Pachi Vázquez en RNE: “Se Galicia houbese sabido isto antes, Feijóo non sería Presidente”

Pachi Vázquez en RNE: “Se Galicia houbese sabido isto antes, Feijóo non sería Presidente”

Pachi Vázquez en RNE: “Se Galicia houbese sabido isto antes, Feijóo non sería Presidente”

Extracto das respostas do Secretario Xeral do PSdeG-PSOE, Pachi Vázquez, ás preguntas do presentador e tertulianos do magazine da mañá de RNE, hoxe ás 9h.

“As palabras de Feijóo carecen de verosimilitude, dicir que en Galicia ninguén coñecía a Marcial Dorado no ano 95, cando no ano 90 os medios de comunicación facían grandes titulares situando a Dorado entre os grandes narcotraficantes galegos carece de verosimilitude”.

“Non son só fotografías. É algo que pasou e que forma parte da historia máis negra que podemos ter no recente pasado de Galicia e Alberto Núñez Feijóo estívoas agochando de maneira interesada ata agora que saen á luz.”

“Polo tanto, en lugar de botar balóns fora, el ten que asumir un papelón: mentres Galicia a recorrían familias destrozadas loitando contra o narcotráfico, Alberto Núñez Feijóo estaba no iate con Marcial Dorado, recorrendo Andorra, Portugal e seguro que outros países de Europa. Co maior narcotraficante de Galicia.”

“Si alguén me chantaxea ou me amedrenta vou á policía ou dou unha rolda de prensa. A toro pasado isto é unha desculpa”.

“Unha relación de cinco anos de amizade e viaxes tiveron que dar para mais”.

“Se Galicia soubese desta relación, con anterioridade, Feijóo hoxe non sería Presidente”.

“Das declaracións de Feijóo me sorprende que non lle teña pedido perdón aos galegos. (...) E un pouco esa brabuconería de dicir que ninguén o amedrenta, cando aquí non se trata diso, trátase de explicar. E se o argumento é que non coñecía quen era Marcial Dourado, todo o que ven detrás cáese coma un castelo de naipes, porque iso non o cree ninguén”.

Feijóo “ten que comparecer en sede parlamentaria e ensinar as facturas de cando foi Secretario Xeral Técnico da Consellería de Sanidade e logo Secretario Xeral do Sergas entre o 92 e o 98. Facturas cos testaferros”

“Cando fala do seu amigo Manolo Cruz, hai que dicir que este era o testaferro de Marcial Dorado. Compraba gasolineiras e as poñía a nome de Marcial Dourado.” “Quen introduce a Feijóo é o principal testaferro de Marcial Dorado”.

“No ano 93, só na área sanitaria de Vigo morreron 103 persoas por drogadicción. Estamos a falar de algo moi serio, dunha lacra que Galicia foi superando. Pero foron situacións moi dolorosas para o país.”

PARO: Para crear emprego “asumir que rematou o modelo de economía especulativa na que todos vivimos relativamente ben, pero de maneira enganosa, e ir a un modelo de economía produtiva e competitiva, pero vainos levar anos”.

32641281A

Deixar a resposta

Pechar