Pachi Vázquez “é o momento do cambio en Porriño, e de desbancar a Louzán da súa poltrona”

Pachi Vázquez “é o momento do cambio en Porriño, e de desbancar a Louzán da súa poltrona”

Pachi Vázquez “é o momento do cambio en Porriño, e de desbancar a Louzán da súa poltrona”

O secretario Xeral do PSdeG, Pachi Vázquez, afirmou que “é o momento do cambio en Porriño” porque “un novo goberno municipal é a única oportunidade de sanear a vida pública neste concello”. Por elo, apostou polo candidato, Iván Vaqueiro, “para avanzar e traer aire fresco a este municipio”.

Así o asegurou no acto de presentación da candidatura do Porriño, na que lembrou que “os verdadeiros valedores deste concello foron o anterior Goberno socialista da Xunta e o Goberno central”.

“Mentres o anterior Goberno da Xunta puxo en marcha a depuradora de Guillarei, a obra hidráulica máis importante e de maior investimento que se fixo nunca en Galicia, a única actuación que realizou o Goberno de Feijóo en materia hidráulica é a Lei de Augas, que sube o prezo da auga un 140 por cento e aplica taxas abusivas aos pozos e ás traídas comunitarias”, sinalou.

Lembrou que o anterior Executivo tamén mellorou as infraestruturas viarias, e levou a cabo a construcción do CEIP Antonio Palacios, e realizou importantes investimentos a través de Plan E “que lamentablemente, foron desaproveitados polo alcalde”.

“Esta é a gran diferencia dos gobernos socialistas, que intentan mellorar a calidade de vida e o benestar dos veciños, sexan da cor que sexan os seus gobernantes; cos gobernos do PP e os dos independentes cabreados co PP, que só buscan réditos propios”, sentenciou.

Puxo como exemplo disto o “despilfarro e uso dos fondos públicos para fins partidistas”. Sinalou que “iso é o que está a facer Louzán, que está comprando vontades e tránsfugas para poder manter a Deputación provincial”.

Por iso, destacou a importancia de lograr a alcaldía en Porriño nestas eleccións, “porque é unha oportunidade para desbancar a Louzán da súa poltrona, que só sirve para exercer o control político da provincia pero non para solucionar os problemas dos veciños”.

Na mesma liña, acusou ao Goberno da Feijoo de non ocuparse dos cidadáns, “incumprindo o seu contrato con Galicia” e “reducindo os dereitos e prestacións dos galegos e galegas”.

“O cambio do modelo social, do sistema sanitario, do sistema educativo, da dependencia e dos servizos sociais, é o que está en perigo neste momento”, advertiu Vázquez, que incidiu en que para o PSdeG “a defensa dos dereitos sociais é unha prioridade” e apuntou que “a sanidade, a educación, e a dependencia teñen que ser públicas, universais e gratuítas”, mentres o Goberno de Feijóo “está tentando introducir o copago nos servizos públicos”.

Asegurou que as opcións de cara ás vindeiras eleccións municipais son moi claras: “ou se opta pola dereita, que cando non goberna o único que fai é obstruír, e cando goberna non fai máis que liquidar; ou pola esquerda, que defende o modelo social que tanto nos custou conseguir” .

“Non hai mellor opción que a que lidera Iván Vaqueiro, porque só el e o PSdeG, poden aunar todas as sensibilidades de esquerda en Porriño”, concluíu.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar