Pachi Vázquez: "É o momento de que fale a militancia e de propoñer ideas, programas e compromisos"

Pachi Vázquez: "É o momento de que fale a militancia e de propoñer ideas, programas e compromisos"

Pachi Vázquez: "É o momento de que fale a militancia e de propoñer ideas, programas e compromisos"

O secretario xeral do PSdeG-PSOE, Pachi Vázquez, dixo que “é o momento de que fale a militancia, de propoñer ideas, programas e compromisos que nos permitan recuperar a confianza cidadá”. Así o dixo logo do Comité Federal celebrado hoxe en Ferraz no que se deu comezo ao proceso de cambio do modelo de partido, que rematará en outubro.

Chamou a que “ninguén fale antes de que fale a militancia” para subliñar que “non é o momento de falar de nomes, de persoas nin de individualidades, senón de modernizar o partido con novos instrumentos políticos”. Así, amosou a súa “persoal ilusión” por que o PSdeG sexa a primeira federación que se renove co novo modelo e “non a última do antigo modelo”, e anunciou que “o vamos falar entre todos e plantexar estratexias nas próximas datas”.

Pachi Vázquez confirmou que os socialistas galegos “vamos seguir xogando ao ataque porque Galicia nos necesita claramente para parar a unha dereita que a está destrozando económica e socialmente”. Subliñou que “é o momento de formular proxectos, de escoitar propostas, de deseñar estratexias políticas dirixidas a axudar a 300.000 galegos e galegas desempregados en tremendas dificultades”.

Apuntou que “é mais o momento de falar de qué socialismo queremos que de falar de persoas”. En resposta a preguntas dos xornalistas, dixo que “ninguén entendería que viñéramos falar dunha persoa ou doutra cando estamos falando de cómo acadamos un novo socialismo, a clave é primeiro facer o barco e despois falar da tripulación”, exemplificou.

Propostas programáticas

O líder dos socialistas galegos reafirmou o seu compromiso de que “tódolos militantes van recibir unha invitación para poder falar do que realmente lles preocupa aos cidadáns, para que poidamos construír un socialismo galego forte capaz de executar e levar a cabo esas propostas programáticas”.

Explicou así que a próxima semana comezará “o momento da militancia” coa apertura das convencións para falar de modelos de partido e de propostas “con realismo e pragmatismo” en relación a la problemática social. Dixo que “toca falar claro do modelo económico, de Estado, de territorio, do modelo de sanidade, de educación, de emprego ou de economía”.

Salientou a “práctica unanimidade” nas propostas para perfilar o calendario que se desenvolverá ata o mes de outubro para “falar de ideas, programas e compromisos claros cos cidadáns” e de “novos conceptos que nos permitirán ser de novo un partido de maiorías que recupere a confianza da cidadanía”.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar