Pachi Vázquez e Carmela Silva formarán parte da Executiva de Rubalcaba

Pachi Vázquez e Carmela Silva formarán parte da Executiva de Rubalcaba

Pachi Vázquez e Carmela Silva formarán parte da Executiva de Rubalcaba

O secretario xeral do PSdeG, Pachi Vázquez, expresou a súa satisfacción por formar parte, xunto a Carmela Silva, da nova Executiva do PSOE.

En declaracións aos medios afirmou sentirse orgulloso de “estar no pelotón que vai tirar da dirección deste partido nos próximos catro anos”, do que tamén formarán parte Carmela Silva como secretaria de Emigración. A esta Executiva incorporarase tamén Abel Caballero, membro nato pola súa condición de vicepresidente da FEMP.

“Cantos máis galegos mellor, sempre queres máis, pero nun congreso nunca sae todo ao cen por cen, somos moitos compañeiros e compañeiras e Galicia sae razoablemente ben parada”, apuntou.

No seu caso, dixo sentirse satisfeito “polo apoio da nova dirección e do novo secretario xeral do PSOE, Alfredo Pérez Rubalcaba”. “Que o secretario xeral de Galicia sexa un dos que forma parte da Executiva, para min é un orgullo e unha honra”, dixo.

Así, lembrou que “a aposta que fixo Galicia, e que eu fixen como secretario xeral, sae razoablemente ben; sae elixido o candidato que eu apoiei dende o principio, Alfredo Pérez Rubalcaba, e somos unha das poucas comunidades que teñen ao seu secretario xeral na Executiva”.

“O meu obxectivo sempre foi traballar para aportar dende Galicia unha parte do futuro do socialismo de España. Se me dan agora esa oportunidade e esa responsabilidade, non lle vou fallar nin a Galicia nin a España”, concluíu.

Comité Federal
Ademais destas incorporacións á Executiva do PSOE, a representación galega complétase no Comité Federal, máximo órgano entre congresos, do que formarán parte Mar Barcón, José Blanco e José Ramón Gómez Besteiro e Elena Espinosa. Deste órgano xa formaban parte Laura Seara, Margarita Pérez Herráiz, Beatriz Sestayo, Ricardo Varela, Javier Losada, Francisco Rodríguez e Abel Caballero, que completan a representación galega no Comité.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar