Pachi Vázquez di que o anuncio da chegada do AVE en 2015 é a noticia máis importante da historia democrática de Galicia

Pachi Vázquez di que o anuncio da chegada do AVE en 2015 é a noticia máis importante da historia democrática de Galicia

Pachi Vázquez di que o anuncio da chegada do AVE en 2015 é a noticia máis importante da historia democrática de Galicia

O secretario Xeral do PSdeG, Pachi Vázquez, sinalou que “o anuncio da chegada do AVE en 2015 é a noticia máis importante da historia democrática de Galicia”. Vázquez fixo estas declaracións en Carballo, antes de presentar ao candidato do PSdeG á alcaldía e a preguntas dos periodistas.

O líder dos socialistas destacou que“trátase do maior contrato da historia de Galicia no momento da mais dificultade económica para España, o que demostra unha vez mais o compromiso de Zapatero, o compromiso do home que mais fixo por Galicia, José Blanco e o compromiso dun partido que sempre trouxo as grandes infraestruturas a este pais: autovías, aeroportos, portos e agora o AVE”.

Neste senso destacou que “o compromiso de José Blanco con Galicia queda definitivamente refrendado” e que agora “só nos queda que o propio goberno de Galicia cumpra cos compromiso das súas infraestruturas”. “De calquera xeito, para os socialistas galegos hoxe e un dia de orgullo e satisfacción”, aseverou.

O líder dos socialista recalcou que, “sen dúbida, a chegada do AVE en 2015 é a maior satisfacción política da historia da democracia en Galicia”.

Vázquez amosouse satisfeito polo feito de que “os Pactos do Obradoiro se están levando a cabo” si ben tamén puxo de manifesto a necesidade de poñer en marcha “un pacto entre todos para que o Executivo galego cumpra tamén en tempo e forma coas infraestruturas da súa competencia”, igual que está a facer o goberno central con relación ao AVE.

32641281A

Deixar a resposta

Pechar