Pachi Vázquez di que a “vanidade” de Feijóo custaralle a Galicia 48 millóns de euros en intereses que pagará de mais por emitir débeda pública

Pachi Vázquez di que a “vanidade” de Feijóo custaralle a Galicia 48 millóns de euros en intereses que pagará de mais por emitir débeda pública

Pachi Vázquez di que a “vanidade” de Feijóo custaralle a Galicia 48 millóns de euros en intereses que pagará de mais por emitir débeda pública

Sinala que Feijóo “débelle unha explicación a Galicia” por “manchar o nome deste país” pola vinculación do PPdeG coa trama Gürtel

O líder dos socialistas galegos sitúa á Galicia de Feijóo como líder en destrución de emprego e ao PP de Feijóo como líder en aportacións irregulares ao seu partido

O presidente do Grupo Socialista, Pachi Vázquez, criticou que a “vanidade” do presidente da Xunta custaralle a Galicia 48 millóns de intereses. Na sesión de control do Pleno do Parlamento, o líder socialista explicou que estes 48 millóns corresponden ao sobrecuste que pagará en intereses a Xunta pola decisión de Feijóo de emitir débeda pública en lugar de acudir ao Fondo de Liquidez Autonómica.

Vázquez criticou que o presidente da Xunta “presuma de políticas de emprego cando reduce un 48 por cento as partidas para políticas activas de emprego nos orzamentos da Xunta para 2013”. O líder socialista criticou que Feijóo “enviou cada día a 400 persoas ao paro e a Seguridade Social perde 500 afiliados” dende que tomou posesión en 2009.

Apuntou a situación do desemprego en Galicia “chega a niveis insoportables” e sinaloulle a Feijóo que “a mentira non da mais de si” con 290.790 desempregados. Dixo que “mentres indemniza a Bárcenas con 400.000 euros, a reforma laboral do PP que abarata o despido de traballadores” provocou nun só ano 37.000 novos parados e disparou o desemprego ata o 21,3 por cento.

Explicou que Galicia “está en termos absolutos á cabeza do crecemento do paro en España” encabezando a suba do desemprego en decembro e xaneiro, situando esta Comunidade Autónoma nun paro xuvenil do 48 por cento, con 37.600 parados menores de 25 anos, 92.000 fogares con tódolos seus membros no paro e 120.000 parados sen ningún tipo de axuda.

Vázquez criticou que Feijóo “sigue tirando de enganos” e lembrou que “en Navantia non nos enganou a Sepi, enganounos vostede e o PP prometendo en campaña o dique flotante”.

Corrupción

O líder dos socialistas galegos sinalou que o presidente da Xunta “debe unha explicación a este país” logo de constatar que o PPdeG situouse “á cabeza das aportacións ilegais” nos papeis da presunta contabilidade irregular do partido. Salientou a “responsabilidade” de Feijóo sobre “un PPdeG que está manchando o nome deste país cos seus casos de corrupción”.

Lembrou que o ex alto cargo do PP vinculado coa trama Gürtel, Pablo Crespo, contrataba con empresas da trama mentres formaba parte do consello de administración de Portos de Galicia, sendo Feijóo conselleiro de Política Territorial e vicepresidente da Xunta de Galicia en 2004.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar