Pachi Vázquez destaca a valía dos candidatos e candidatas ao 20N e a aceptación da proposta de incompatibilidades de Galicia

Pachi Vázquez destaca a valía dos candidatos e candidatas ao 20N e a aceptación da proposta de incompatibilidades de Galicia

Pachi Vázquez destaca a valía dos candidatos e candidatas ao 20N e a aceptación da proposta de incompatibilidades de Galicia

O secretario xeral do PSdeG, Pachi Vázquez, expresou a súa satisfacción polas candidaturas “de luxo” aprobadas polo Comité Federal en Madrid así como polo feito de que a proposta de incompatibilidade de cargos de Galicia sexa asumida polo PSOE e se traslade a toda España.

En declaracións aos medios tras a xuntanza do Comité Federal, Vázquez quixo destacar a “valía contrastada dos homes e mulleres que conforman as candidaturas do PSdeG ao 20N”, que estarán encabezadas na Coruña por Francisco Caamaño e Javier Losada ao Congreso e Senado respectivamente; en Ourense por Laura Seara e Miguel Fidalgo; en Lugo por José Blanco e Ricardo Varela, e en Pontevedra por Carmela Silva e Ángeles Marra.

“Son unhas candidaturas de luxo, encabezadas por dous ministros como Francisco Caamaño e José Blanco, unha secretaria de Estado como Laura Seara e a actual voceira do Senado, Carmela Silva, e que se enriquece ademais nos primeiros postos ao Senado con compañeiros e compañeiras cunha traxectoria impecable”, sinalou.

Subliñou que “a maior satisfacción para o socialismo galego é que os nosos representantes no Congreso e Senado son homes e mulleres de valía contrastada, aprobados hoxe practicamente por unanimidade”.

Vázquez tamén expresou a súa satisfacción despois de que o PSOE decidise asumir a proposta de incompatibilidade de cargos de Galicia e trasladala a toda España, indo máis alá coa renuncia ante as xuntas electorais dos alcaldes e alcaldesas. Sinalou que “Rubalcaba quere dedicación plena de todos e todas para traballar no Congreso e no Senado”.

Preguntado respecto ao debate suscitado en torno ao réxime de incompatibilidades, Vázquez resaltou a “magnífica colaboración” de Abel Caballero e Carmela Silva. “Temos lexítimas diferencias, pero o que demostramos hoxe é que todos lle queremos ao partido, cumprimos as nosas normas e iso nos da tranquilidade e moita proxección social”, afirmou.

“Somos un partido no que debatemos, opinamos e falamos, e cando chega o punto e final, acordamos”, remachou, á vez que manifestou o agradecemento “a todos os compañeiros e compañeiras polo seu esforzo en respectar á nosa militancia e aos nosos estatutos”.

Banco pastorPreguntado respecto á compra do Banco Pastor polo Banco Popular, Vázquez dixo que “dende que Feijóo é presidente da Xunta, estamos no peor escenario posible”.

Recordou así que “primeiro íamos ter caixas galegas e solventes, e nin temos caixas nin son galegas nin solventes. Logo tiñamos un banco que aportaba un gran capital ao sistema financeiro galego e á cultura galega, como o Banco Pastor, e ven de adquirilo o Banco Popular”.

Vázquez responsabilizou ao Goberno de Feijóo desta situación e criticou o escapismo do presidente da Xunta. “Vemos que o Goberno galego non está, que o presidente de Galicia non está, e que todos aqueles cantos de sirena de que a situación financeira e económica de Galicia ía mellorar tradúcense no peor escenario para o sistema financeiro da nosa comunidade”, sentenciou.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar