Pachi Vázquez denuncia o fracaso sanitario de Feijóo

Pachi Vázquez denuncia o fracaso sanitario de Feijóo

Pachi Vázquez denuncia o fracaso sanitario de Feijóo

O presidente do Grupo Socialista, Pachi Vázquez, denunciou hoxe o “fracaso, paralización e engano” de Feijóo coa sanidade pública. Na sesión de control ao presidente que tivo lugar no Pleno do Parlamento, o líder socialista lembrou a paralización das obras do Hospital de Vigo, a dotación de Lugo, o concurso de servizos de Ourense e o bloqueo dos 15 centros de saúde comprometidos.

Pachi Vázquez denunciou a “dobre moral” do presidente da Xunta ao presentar unha Lei de Garantías Sanitarias ao tempo que reducen 3.000 sanitarios e 1.000 de euros de orzamento para a saúde pública.

O líder socialista criticou a escusa da falla de orzamento para xustificar a paralización dos investimentos na sanidade pública porque, dixo, “hai diñeiro público para facer hospitais públicos”. Lembrou así que en 2012 a Xunta acadou un déficit un 0,3 por cento por debaixo do permitido, o que supuxo renunciar a 200 millóns de euros “que solucionarían a vida a milleiros de pacientes”.

Aludiu así á paralización das obras do Hospital de Vigo pola falla de crédito para as empresas privadas ás que Feijóo lles entregou a infraestrutura anunciando que supostamente sería “mais rápido, barato e eficaz”. Advertiu que “vai acabar cunha paradoxa, ou ben paralizando as obras ou ben que o goberno galego terá que avalar con diñeiro público a empresas privadas para acadar créditos privados”.

Lembroulle así a carta asinada onte por 350 médicos vigueses acusando á Xunta de “mentir, enganar e destruír a sanidade pública” que os acusaron de recoñecer 6.000 pacientes en espera cando a realidade é que ascenden a 23.000.

Lugo

Tamén criticou o “fracaso do Hospital de Lugo”, que foi asumido por Feijóo cando tan só faltaba dotalo de unidade de hemodinámica, medicina nuclear e radioterapia, o que “obriga a 1.000 pacientes oncolóxicos a coller o coche para tratarse”. Reclamoulle que “constrúan radioterapia e o centro de medicina nuclear xa” porque “teñen recursos”.

Reprochoulle que “regalan 200 millóns de euros” ao situarse por debaixo do obxectivo de déficit en lugar de asumir unha unidade de radioterapia que custa 1,5 millóns de euros, o que se solucionaría, engadiu, “pechando o palacete que ten a Xunta en Madrid durante un ano”, en alusión á Casa de Galicia.

Tamén fixo alusión ao concurso de prestación de servizos do Hospital de Ourense, no que a primeira fase foi declarada deserta porque non se presentou ningunha empresa, o que impide tamén a adxudicación da segunda fase.

Finalmente, criticou que os 15 centros de saúde licitados polo goberno socialista, e que foran comprometidos polo actual presidente da Xunta, teñen sido bloqueados pola falla de orzamento. Anunciou ademais que de acordo cos pregos aprobados polo goberno de Feijóo, os centros de saúde poderán quedar sen executar “en función da dispoñibilidade orzamentaria”

Advertiu que os 51 centros de saúde comprometidos polo presidente da Xunta ficaron en tan só 15, dos cales, así como do Hospital do Salnés, “só ten sido licitado o anteproxecto e o proxecto básico”.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar